1/21/2018

Rituais no Santo Estevo do Ermo

Á dereita un corazón, un círculo? e unha lúa crecente; á esquerda un corazón, unha lúa menguante e un círculo? Estas representacións, feitas con grans de café, puidemos velas recentemente nas bancadas do adro da capela de Santo Estevo do Ermo. Se cadra, novos rituais nun lugar a onde, dende tempos inmemoriables, a xente acode para curar o corpo e a alma.