Croa Antemil
Despois
da solicitude realizada por Mariña Patrimonio diante da Consellería
de Cultura o pasado mes de agosto, o Servizo de Patrimonio Cultural
vén de incluír no Inventario de Xacementos Arqueolóxicos da
Dirección Xeral do Patrimonio Cultural dous novos sitios
arqueolóxicos coa denominación Castro
da Croa
e Castro
Castelo e
coas claves de identificación: GA27025031- GA27025032,
respectivamente.
Croa Antemil
O
castro
da Croa atópase
no lugar coñecido tamén como Antemil, na parroquia de Xuances.
Trátase dun castro costeiro no que se observa un sistema defensivo
composto por dous parapetos e mais un foxo. O sistema defensivo vese
reforzado pola súa estratéxica situación, así como pola
impresionante altura do cantil no que se atopa.
Croa Antemil
Por
outra parte, o xacemento do Castelo,actualmente
plantado de eucaliptos, é un recinto fortificado por un só parapeto
e atópase a uns 400m do castro costeiro, e asemade xacemento
medieval, de San Tirso de Portocelo.
Xacemento do Castelo e castro de San Tirso de Portocel
O verdadeiramente salientable da
inclusión destes xacementos no Inventario de Xacementos
Arqueolóxicos é que os dota dunha protección legal, que debería
garantir a súa conservación para que as vindeiras xeracións poidan
gozar destes bens patrimoniais.
Sem comentários:
Enviar um comentário