En
decembro de 2015 o Servizo de Patrimonio Cultural da Xunta de Galiza
incluía no Inventario de Xacementos Arqueolóxicos un novo sitio
arqueolóxico coa denominación Castelo de Monte da Arca e clave de
identificación GA27030036.
Foi por iniciativa de MariñaPatrimonio que este xacemento da idade do ferro, coñecido como o Castro do Monte da Arca de Argomoso, acadou a protección oficial, aínda que xa fora recollido e descrito polo historiador José Villamil Y Castro no seu libro "Los castros y mámoas de Galicia" en 1876.
Tiña unha feitura semicircular e estaba defendido por un triple parapeto e foxo, dominando a cidade de Mondoñedo dende a que era perfectamente visíbel cuberto por bosque autóctono.
Hai poucos días todo o sitio arqueolóxico foi arrasado pola maquinaria pesada utilizada nos labores de roza do bosque posterior subsolado profundo para a realización dunha plantación de eucaliptos. Milleiros de anos de historia e patrimonio público derramados a maior gloria do eucalipto, cuxo monocultivo non parece ter límites. VER FOTOS

Dende ADEGA e MariñaPatrimonio vimos de denunciar estes feitos por canto poden ser constitutivos dun delicto contra o patrimonio cultural tipificados no Código Penal nos artigos 321 a 324.
Resulta lamentábel que teñamos que ser as asociacións non governamentais as que, perante a pasividade e o desleixo da administración, teñamos que tutelar o noso patrimonio histórico arqueolóxico.
O máis grave é que non se trata dun caso illado: son ducias os elementos patrimoniais, dende mámoas a castros ou mesmo restos romanos, danados mesmo de xeito irrecuperábel como é o caso, polos labores asociados ao monocuiltivo do eucalipto. Paradoxalmente, moitas destas plantacións de eucaliptos son despois certificadas co selo FSC, que garante un aproveitamento forestal "sustentábel"...
Ligazóns
1 comentário:
Acada de aparecer hoy en La Voz de Galicia un artículo de Xavier Moure sobre los monasterios en la provincia de Lugo. Nunca en mi vida he visto tantas imprecisones (por no decir otra cosa) juntas. Por citar algunas: En Santo Estevo do Ermo nunca hubo un monasterio, ni de monjes ni de monjas. La ubicación del Monasterio de San Martin y san Esteban de Esperautano estuvo en Ove, en el barrio de A Graña, como dejó demostrado José Mª Rodríguez DÍaz en varios trabajos publicados en Estudios Mindonienses. Los innumerables monasterios que cita en esta comarca no fueron tales, sino siples "Casas de Oración", saldo el Orrea, Esperautano, Ermolfi, Trabada, Lourenzá, A Colleira, San Martín de Mondoñedo (existente allí desde el siglo IV con el nommbre famoso de Monasterium Maximo, y algunos otros de menos importancia.
Es increible que se informe tan mal y tan a la ligera al público. Lo siento.
Enviar um comentário