Mariña Patrimonio e ADEGA identificaron na provincia de Lugo, ao longo do ano 2024 e comezos do 2025, 101 xacementos arqueolóxicos afectados por labores forestais. En concreto, 80 xacementos foron afectados por plantacións de eucaliptos, 19 por piñeiros e 2 por outras causas.
A corta do monte, con apertura de vías de saca, o paso de maquinaria pesada sobre os xacementos e a preparación do terreo para as plantacións forestais, que inclúe os buracos e os sucos de plantación, provocan en moitos casos danos graves e incluso a destrución de bens patrimoniais protexidos. Ademais, as raíces acaban afectando as estruturas e os estratos arqueolóxicos, o que contribúe á súa alteración ou destrución progresiva.
Desde o ano 2009, Mariña Patrimonio e ADEGA veñen realizando un seguimento continuado das afectacións a xacementos arqueolóxicos na Mariña, documentando os impactos sobre o patrimonio e denunciando os casos detectados. Un dos métodos empregados para identificar estas agresións é a comparación das imaxes aéreas dispoñibles en internet, coas que se revisan as actualizacións das ortofotografías para detectar cambios no terreo que poidan indicar a alteración de elementos patrimoniais. Unha vez detectadas estas posibles afectacións, voluntariado das asociacións desprázase a cada un dos xacementos identificados para comprobar in situ a existencia dos danos.
Dende entón, ambas asociacións levan presentadas numerosas denuncias perante a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, nas que se alerta dos danos causados por intervencións forestais e outras actividades que incumpren a normativa de protección patrimonial.
A zona centro da provincia, a máis afectada
No ano 2024, varios visores cartográficos actualizaron as súas imaxes aéreas, polo que, como vén sendo habitual, Mariña Patrimonio e ADEGA realizaron unha revisión para detectar posibles afectacións ao patrimonio. Ao examinar as novas imaxes, constataron que na Mariña, a zona da provincia de Lugo con maior superficie dedicada ás plantacións de eucaliptos, só se detectaron 7 xacementos arqueolóxicos afectados.
Ante esta situación, decidiron ampliar a revisión ao resto da provincia para comprobar se esta tendencia se repetía noutras zonas. Na zona sur apenas atoparon casos, mentres que na zona centro detectaron un número elevadísimo de xacementos afectados. A revisión comparativa das imaxes máis recentes (2023-2024) coas anteriores do ano 2020 permitiu identificar 94 dos 101 xacementos posiblemente afectados, cunha concentración masiva na zona centro da provincia. Tras esta análise, visitaron os mencionados xacementos para verificar sobre o terreo a existencia das intervencións forestais e confirmar as posibles afectacions.
A diferenza entre ambas zonas é evidente: onde hai control cidadán e preocupación polo patrimonio, as empresas forestais e as persoas propietarias actúan con máis cautela. Na Mariña, tras anos de seguimento e denuncias por parte de Mariña Patrimonio e ADEGA, os xacementos reciben un maior respecto porque as intervencións forestais están vixiadas e hai un maior risco de que as infraccións sexan denunciadas.
Pola contra, na zona centro, onde o seguimento non foi tan constante nin exhaustivo, e onde a inacción da Dirección Xeral de Patrimonio é evidente, a destrución do patrimonio continúa con total impunidade. A falta dun control efectivo por parte da administración fixo desaparecer na práctica calquera protección real dos xacementos. A ausencia de vixilancia permite que moitos propietarios e empresas forestais actúen con total liberdade, sen temor a repercusións legais, perpetuando así a degradación do noso patrimonio.
As empresas forestais e as persoas propietarias levan a cabo estas actuacións porque consideran que a cidadanía e as asociacións non teñen capacidade para fiscalizar as súas intervencións nin para presionar a administración para que actúe contra estas prácticas, malia ir en contra da normativa de protección.
Estas 101 posibles afectacións a xacementos arqueolóxicos, legalmente protexidos, foron postas en coñecemento da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural mediante as correspondentes denuncias, co obxectivo de que se investiguen e se comprobe se as plantacións forestais cumpriron coa normativa vixente en materia de protección do patrimonio cultural. Así mesmo, solicitouse a apertura de expedientes sancionadores contra as persoas responsables, a retirada das árbores plantadas e a adopción de medidas para corrixir os danos causados.
Acto informativo o próximo xoves
Para dar a coñecer esta situación na provincia de Lugo, ADEGA e Mariña Patrimonio organizan un acto informativo o xoves 3 de abril ás 20:00 h no Vello Cárcere de Lugo.
O evento contará coas intervencións de Manuel Miranda, presidente de Mariña Patrimonio, e Xosé Manuel Rodríguez, membro de ADEGA, que explicarán os traballos realizados, os métodos empregados para identificar os danos e as medidas que se solicitaron á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural para frear a destrución do noso patrimonio arqueolóxico. Este acto está aberto a todas as persoas interesadas en coñecer esta problemática e a situación do patrimonio arqueolóxico en Galicia.
Ligazón
fotografías: https://photos.app.goo.gl/TauuNpG2yNg74kAP8
Relación de xacementos afectados por concellos :
A Fonsagrada
1. Medorra do Piñeiral 1 - GA27018321
2. Medorra do Piñeiral 2 - GA27018322
A
Pastoriza
3. Medorra do Foro 1 - GA27044035
4. Medorra do
Foro 2 - GA27044036
5. Medorra do Foro 3 - GA27044037
6.
Medorra do Foro 4 - GA27044038
Alfoz
7.
Mámoa da Granda de Ouro 2 - GA27002018
8. Mámoa da Granda de
Ouro 5 - GA27002021
Antas
de Ulla
9. Castro de Ludeiro de Abaixo - GA27003096
Baralla
10.
Castro de Pol - GA27036008
11. Castro de Reguengo - GA27036043
12.
Os Castros - GA27036053
13. Xacemento Alto do Pereiro - GA27036080
Becerreá
14.
Castro de Tucende - GA27006048
15. Os Castros - GA27006005
Begonte
16.
Castro de Eirexe - GA27007011
17. Mámoa de Monte Queimado 5 -
GA27007038
18. Mámoa de Monte Queimado 6 - GA27007039
Castro
de Rei
19. As Madorras 3 - GA27010091
20. As Madorras 4 -
GA27010092
21. As Madorras 5 - GA27010093
22. Madorra do Monte
do Marco 5 - GA27010147
23. Madorra do Monte do Marco 6 -
GA27010148
24. Medorra das Pedreiras - GA27010162
25. O Vedro
Vello 3 - GA27010101
Castroverde
26.
Castro de Espasande - GA27011061
27. Castro de Miranda -
GA27011072
28. Castro de Pereiro - GA27011066
29. Mámoa Monte
da Travesa 3 - GA27011027
30. Mámoa dos Borrallos 3 -
GA27011024
31. Mámoa dos Borrallos 2 - GA27011023
Cospeito
32.
Mámoa de Pedrabranca 1 - GA27015085
33. Mámoa de Pedrabranca 2 -
GA27015086
34. O Castro - GA27015073
Foz
35.
A Croa - GA27019004
36. Castro Os Castros/Veiga dos Castros -
GA27019017
Friol
37.
Castro de Narla - GA27020222
38. Mámoa da Pedra do Couto 1 -
GA27020175
39. Mámoa da Pedra do Couto 2 - GA27020176
40.
Mámoa da Purreira 4 - GA27020161
41. Mámoa da Rexidoira 2 -
GA27020150
42. Mámoas de Monte Cotón 1 - GA27020255
43.
Mámoas de Monte Cotón 2 - GA27020256
44. Mámoas de Monte Cotón
3 - GA27020257
Guitiriz
45.
Mámoa do Golpe - GA27022109
46. Mámoa do Pelegrín 05 -
GA27022139
47. Mámoa do Pelegrín 18 - GA27022152
48. Mámoas
das Brañas de Parga 1 - GA27022218
49. Mámoas das Brañas de
Parga 2 - GA27022219
Guntín
50.
Mámoa da Retorta 2 - GA27023077
51. Mámoa do Alto da Goia 01 -
GA27023047
52. O Castro de Zaíde - GA27023047
53. Pedra Fita
do Alto da Goia - GA27023048
Lugo
54.
Monte da Pena da Cruz e das Tenzas 10 - GA27028104
55. Montes de
San Cibrao - GA27028158
56. San Cibrao 2 - GA27028156
Láncara
57.
Castro da Ermida - GA27026008
Meira
58.
Mámoa da Auga Labada 2 - GA27029027
59. Mámoa do Alto do
Campeliño 2 - GA27029016
Monterroso
60.
Forno dos Mouros/Medorra de Monte Fabeiro 1 - GA27032023
61. Forno
dos Mouros/Medorra de Monte Fabeiro 2 - GA27032085
62. Mámoa de
Ligonde 1 - GA27032110
63. Mámoa de Ligonde 2 - GA27032111
64.
Mámoa de Ligonde 3 - GA27032112
Navia
de Suarna
65. Medorra Chao do Campelín - GA27034010
66.
Castro de Virigo/Castro de Sevane - GA27034049
O
Corgo
67. Castro de Ramil - GA27014011
Ourol
68.
Mámoa do Monte Cristo dos Callós 3 - GA27038015
Palas
de Rei
69. Castro de Marzá - GA27040037
70. Mámoa da
Fiantosa - GA27040109
71. Mámoa do Monte de Cabana 1 -
GA27040097
72. Mámoa do Monte de Cabana 6 - GA27040102
73.
Mámoa do Monte de Cabana I-09 - GA27040079
74. Petróglifo da
Laxe Grande - GA27040130
75. Castro da Ourela de Carballal -
GA27040017
Pantón
76.
Mámoa de Guítara 1 - GA27041044
Paradela
77.
A Croa do Toural - GA27042030
78. O Castro de Moimentos -
GA27042037
79. O Castro de Castrelo/Agro do Castro - GA27042047
Pol
80.
A Aira dos Mouros - GA27046011
81. Castro de Veiga/Castro de
Trasín - GA27046008
82. Medorra de Cadoira 4 - GA27046029
83.
Mámoa da Chousa - GA27046140
84. Mámoa da Finca do Castro -
GA27046025
85. Mámoa de Aviega - GA27046133
86. Mámoa de
Trasmonte - GA27046141
87. Túmulo das Olgas 3 - GA27046112
Ribeira
de Piquín
88. Mámoas de Modorna do Chao da Serra 1 -
GA27053020
89. Mámoas de Modorna do Chao da Serra 5 -
GA27053030
90. Mámoas de Modorna do Chao da Serra 6 -
GA27053031
91. Mámoas de Modorna do Chao da Serra 7 -
GA27053032
92. O Castro de Sadrarín - GA27053015
93. Pico do
Castro - GA27053014
Trabada
94.
Castro de Sante - GA27061005
Vilalba
95.
A Croa de Muruxás - GA27065209
96. Castro de Ladra -
GA27065013
97. Mámoa da Cruz - GA27065252
98. Mámoa de Penas
Miúdas 08 - GA27065113
Xermade
99.
Abrigo do Férvedes 1 - GA27021047
100. Modia do Cordal -
GA27021023
Xove
101.
Castro do Torrillón - GA27025015