7/02/2008

CANDO AS CRUCES DE CERVO FALEN...

MariñaPatrimonio proponse recoller todos os esforzos de moitas persoas que estiveron e estan a traballar na posta en valor do noso patrimonio. Hai anos xa que Paz Rodríguez Silva, Jose Manuel González-Copa e Francisco Piñeiro patearon o concello de Cervo e recolleron información sobre cruces que existen e existiron. Eles cederon a MariñaPatrimonio este traballo para a súa divulgación, ainda que xa foi publicado no seu momento na revista Queimada, que edita a AACC Airiños do Xunco.

3 comentários:

Olga Castro disse...

Parabéns por esta iniciativa tan necesaria! Moitas grazas polo voso esforzo para pór en valor o patrimonio da nosa comarca e tamén por permitir que outras persoas sigamos as actividades que promovedes a través da rede.

LAVANDAL disse...

Fabuloso traballo que xa esquecera.

Pero falta a cruz quizais máis antiga e importante. A cruz do Pau da Vella, na parroquia de Rúa, onde se xuntan os concellos de Cervo (parroquia de Rúa), O Valadouro (Vilacampa), Xove (Monte) e Viveiro (Valcarría).

Algúns a datan no sec. VII a.c. De ser isto certo, non tería nada que ver co resto das cruces cristiás. Posiblemente sexa unha estela ou dolmen castrexo.

Foi estudada e debuxada por Castelao n´As Cruces de Pedra na Galiza.

Lurpinha disse...

Noraboa por esta gran labor!!! Non sei porque se tardou tanto en krear unha asociación asi...Coa falta ke sempre fixo...!!!Moitísima sorte con todo e espero seguirvos moi de cerka.