O próximo venres, 31 de xullo, ás 20:30 horas na librería Bahía de Foz, terá lugar a presentación do libro Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías, de Antonio Reigosa.
O libro
Galicia
Encantada, o país das mil e unha fantasías,
en edición de Antonio
Reigosa, ilustrado por Noemí
López, é unha das novidades da colección LIBROX de Xerais.
O
proxecto Galicia Encantada naceu no seu día para navegar pola
internet e, agora, dez anos despois, faise libro. Unha parte dos
documentos atesourados na web durante este tempo, revisados e
actualizados, transmútanse en papel impreso coa gozosa pretensión
de compartir a marabilla dos mitos, lendas, ritos, contos e outros
sucedidos, case sempre sorprendentes. Un cento de historias que
percorren este «País das mil e unha fantasías» de norte a sur, de
leste a oeste, do mar á montaña, da terra ao aire, da auga ao lume.
Viaxes de ida e volta, desde o mundo real ao imaxinario e viceversa,
guiados polo saber de máis de medio cento de coautores que exercen
de cronistas da memoria dunha Galicia sabia e auténtica,
irremediablemente encantada
A
presentación do libro é unha actividade organizada por Mariña
Patrimonio e a Librería Bahia.
Sem comentários:
Enviar um comentário