A
Irmandade de Santo Estevo do Ermo e a asociación Mariña Patrimonio
viaxarán a Bruxelas os vindeiros días 6 e 7 de decembro para
participar no Parlamento Europeo nunhas xornadas promovidas pola
eurodeputada Lidia Senra. Estas xornadas teñen como obxectivo
informar e sensibilizar á Unión Europea sobre a destrución do
patrimonio cultural e natural provocada pola industria do
eucalipto-celulosa.
Nas actividades programadas, nas que
participarán dezaoito asociacións de toda Galicia, Mariña
Patrimonio xunto coa Irmandade de Santo Estevo centraranse na
destrución do patrimonio cultural e arqueolóxico na Mariña. Ambas
asociacións aproveitarán os encontros con representantes da
Comisión Europea e as reunións con eurodeputados de diversos
países, para explicarlles as nefastas prácticas forestais na
produción da madeira, que abastece a industria da celulosa, así
como o incumprimento das leis e das normas (europeas, estatais e
galegas) por parte da industria forestal e da Xunta de Galicia.
Sem comentários:
Enviar um comentário