5/08/2018

Roteiro para visitar a sauna Castrexa de Castañoso (Fonsagrada)

Mariña Patrimonio organiza para o día 26 deste mes de maio unha visita a unha das xoias arqueolóxicas de Galicia, situada nas terras d’A Fonsagrada, a sauna castrexa que, probablemente, “é a máis grande do noroeste da península ibérica” e na que se efectuaron importantes traballos arqueolóxicos en 2017.
Para achegarnos á sauna desprazarémonos a pé uns 3km até chegar ao castro, onde ademais da visita aproveitaremos para xantar, polo que cada participante levará a súa comida. Pola tarde regresaremos, pasando por unha antiga explotación de ouro romana, pola capela de Santiago e polo muíño do Penallo.

Data: sábado 26 de maio
Horario: mañá e tarde
Xantar: De campo. Cada persoa levará o seu
Desprazamento ata Castañoso:
Se hai 20 ou máis persoas interesadas, en bus; noutro caso, en coches particulares


Sem comentários: