A mámoa danada forma parte dun dos
conxuntos arqueolóxicos máis importantes de
ADEGA e Mariña Patrimonio veñen de presentar perante o Servizo de
Protección da Natureza (SEPRONA) unha denuncia por posibles danos
ocasionados na Mámoa 9 de Pena Grande en Vilalba (Lugo), por mor
dunha plantación ilegal de eucaliptos. Este ben patrimonial foi
danado como consecuencia dos profundos sucos realizados sobre a masa
tumular no transcurso dos traballos forestais. Todo parece indicar
que esta plantación afectou tamén a cámara da mámoa ao remover
parte da súa estrutura.
A
Mámoa 9 forma parte dun sitio arqueolóxico de gran valor,
conformado por dez túmulos xunto con dous abrigos paleolíticos. En
novembro de 2017 Pena Grande foi noticia ao pretender o Ministerio de
Facenda subhastar por 7.700 euros os terreos onde se atopan os
importantes vestixios arqueolóxicos. A poxa paralizouse grazas ao
labor desenvolvido por varias asociacións que defenden o patrimonio,
conscientes de que os terreos e os bens que se atopan neles serían
plantados de eucalipto, tal e como acaba de suceder coa Mámoa 9 de
Pena Grande.
ADEGA
e Mariña Patrimonio preguntámonos de que pasta
son
os responsables da Consellería de Cultura, insensibles co drama que
está a provocar a industria do eucalipto no patrimonio cultural de
Galicia.
Sem comentários:
Enviar um comentário