DIA: 4 DE AGOSTO
HORARIO: MAÑÁ, 10h - 14h
TARDE, 16h - 19h
Estimados/as amigos/as:
Mariña Patrimonio organiza un desprazamento a LOURENZÁ o día 4 de AGOSTO para coñecer o patrimonio civil e relixioso máis salientable da vila e dos seus vales. Contarase cun guía especializado, e vanse xestionar as visitas guiadas ós edificios relixiosos (igrexas de Sto Adrano, Sto Tomé, S. Xurxo, mosteiro de S. Salvador, así como ao pazo de Tovar (incluídas as entradas).
No caso de que haxa un número suficiente de persoas, pensamos facer o desprazamento en bus con traxecto Viveiro - Foz - Lourenzá (con paradas intermedias), opción máis recomendable xa que hai que moverse de visita a visita.
As persoas interesadas que nolo fagan saber canto antes, con data límite XOVES 26 DE XULLO, indicando nome, se é socio/a ou non, e as opcións que lle interesan, para termos tempo de contratar o bus e facer a reserva para o xantar.
Se non houbese suficiente interese, desbotaríase a opción do bus, decisión que se comunicaría o venres 27 ás persoas interesadas, ademais do importe da actividade, en función das opcións elixidas, e o número de conta de Mariña Patrimonio.
Sem comentários:
Enviar um comentário