A
Xunta incumpriu o seu deber legal de protexer o xacemento e permitiu
a súa irreparable destrución por parte dunha canteira.
As asociacións ADEGA e Mariña Patrimonio presentaron o pasado 17 de
setembro varias denuncias ante a Fiscalía por diferentes
disposicións do Departamento de Patrimonio Cultural, da Consellaría
de Cultura, da Xunta de Galicia que poderían ser constitutivas de
delito. Unha destas denuncias fai referencia á destrución do Castro
de Trinidade-Flores, situado entre os concellos de Mondoñedo e
Lourenzá (Lugo).
ADEGA
e Mariña Patrimonio informaron a Fiscalía de que a empresa
propietaria da canteira do Monte da Trinidade puido ter ocasionado
danos irreparables na meirande parte deste ben patrimonial, e que a
Xunta de Galicia incumpriu o seu deber legal de protexelo, malia a
ter recibido varias denuncias, tanto por parte de particulares, como
da Asociación de Fabricantes de Formigón ou das organizacións
ADEGA e Mariña Patrimonio. Estas últimas tiveron que recorrer ao
Valedor do Pobo para poder acceder á documentación relacionada con
estes feitos e solicitada infrutuosamente a Patrimonio Cultural. A
isto hai que engadir, que a Administración galega tiña no seu poder
diferentes informes arqueolóxicos alertando de que a canteira estaba
a destruír o xacemento.
Pola
súa parte, persoal técnico da Xunta elaborou un informe no que se
pretendía demostrar a inexistencia do sitio arqueolóxico, coa
finalidade de quitarlle a protección que lle corresponde, a pesar de
que os citados arqueólogos contaban con numerosa documentación que
certificaba a existencia do Castro de Trinidade-Flores, o cal xa
figura desde os anos 90 no Inventario e no Catálogo de bens
patrimoniais de Galicia. Ademais, neste xacemento castrexo atopárase
en 2008 un excepcional machado votivo de bronce, feito que tamén
parece pasar desapercibido para o departamento de Patrimonio da
Xunta.
A non
paralización das actividades mineiras que afectaban ao castro, xunto
cos informes elaborados polos técnicos da Xunta para desprotexelo,
puideron ser determinantes para a destrución deste ben patrimonial.
A día de hoxe a canteira continúa a destruír o xacemento sen que a
Xunta nin Concello fagan nada para evitalo.
Foto: Museo do Castro de Viladonga
Sem comentários:
Enviar um comentário