Dentro do ciclo
Arredor do Mar, iniciado hai uns meses coa conferencia de X. Ramón Fernández Pacios sobre os corsarios na costa luguesa, Mariñapatrimonio organiza unha nova actividade que se desenvolverá o vindeiro sábado día 30 de maio en San Cibrao
A xornada constará de dúas partes:
Na primeira, ás 17:30 horas, faremos unha visita guiada á Carpintaría de Ribeira de Fra en San Cibrao, ubicada no paseo marítimo (preto da Casa do Mar) onde nos explicarán como se construian os pailebots , os trincados... o traballo dunha das familias que desde hai moitos anos se dedicou á construción de barcos neste porto.
E a segunda parte desta actividade é a conferencia do historiador
Dionisio Pereira González* que, no Museo do Mar de San Cibrao,ás 18:30 horas, falará do noso patrimonio marítimo.
Agardamos que estas actividades, sexan do interese xeral.
*Dionisio Pereira González é un
economista e
historiador coruñés, nacido en
1953. Traballa como profesor de Ensino Medio.
Xunto con A. Martínez,
Manuel González Probados e X. Castro formou o
Colectivo de Historia Xerminal.
En 1994 foi elexido primeiro presidente da
Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, nacida o ano anterior en
Ribeira.
E autor de moitos traballos publicados en libros e revistas, entre as que, sinalamos:
-Actividades marítimas na Galiza contemporánea; Relatorio presentado no Congreso "O mar na Historia de Galicia";
Universidade de Vigo, 1996.
"O mar dos galegos no tempo de Manoel Antonio", en Manuel Antonio: Embarcados nun cantar. Ed. A Nosa Terra, 1996 (colección A Nosa Cultura nº 16).
"Mariñeiros do Gran Sol: os últimos da fila"; Revista Inzar Razóns nº 16, 1997.
O Asociacionismo dos pescadores na Galiza de anteguerra: unha ollada de conxunto;
Ateneu Libertário Ricardo Mella, 2004.