Os
lastres son os pesos que precisan as embarcacións para manter a
estabilidade, cando van sen carga. Os lastres dos Moutillós son de
sílex,
un mineral case inexistente en Galicia e moi abundante nas costas
inglesas e normandas. Probablemente estes sílex chegaron aos
Moutillós en barcos ingleses ou normandos.
En
varios portos da Mariña, como o de San Cibrao, aparecen lastres de
sílex, froito do intenso intercambio comercial entre A Mariña e
Inglaterra na antigüidade.
As
áncoras de pedra atopadas nos Moutillós están feitas con pedra do
lugar, chamada gneis
ou “ollo de sapo”. Estas áncoras destacan polo seu tamaño e
peso (66 e 127 quilos), o que nos dá unha idea das dimensións dos
navíos que as utilizaron .
Segundo
sinalan os expertos consultados por MariñaPatrimonio, a áncora máis
pequena é un modelo moi empregado durante a Idade Media. A de maior
tamaño, porén, é un modelo descoñecido até agora nas costas
galegas.
Os
lastres e as áncoras aparecen concentrados no mesmo lugar, o que fai
sospeitar que haxa unha posible relación entre ambos elementos.
Agora
cumpría facer un estudo para datar estes achados e ver que tipo de
relación gardan co xacemento arqueolóxico dos Moutillós.
Dende
o 2011 hai un apaixonante e enriquecedor debate sobre que tipo de
xacemento arqueolóxico son os Moutillós. Patrimonio sostén que non
é un castro nin un asentamento tipo motte
and bailey
pero baseándose nos testemuños dos veciños, que aseguran que
neste lugar aparecen restos arqueolóxicos, non descartan que houbese
algún tipo de asentamento.
Para
MariñaPatrimonio, a quen os veciños informaron sobre a presenza de
ósos humanos enterrados na zona dos moutillós, así como para
algúns investigadores
e arqueólogos,
os Moutillós gardan un gran parecido cos motte
and bailey construídos
polos normandos en Inglaterra e outros puntos de Europa.
Nin
a hipótese sobre a existencia dunha mota normanda nos Moutillós nin
a hipótese contraria poderán ser demostradas, en tanto non se
realicen catas e un estudo arqueolóxico serio e rigoroso.
MariñaPatrimonio
solicita á Xunta a recollida dos restos arqueolóxicos, que os
temporais sacaron á luz, e que os Moutillós figuren como xacemento
no Inventario de Xacementos Arqueolóxicos.
Contrariamente
ao que se ten informado, os Moutillós non aparece como xacemento
arqueolóxico no citado Inventario e, polo tanto, este sitio carece
de protección.
MariñaPatrimonio
recoñece o interese amosado polo alcalde de O Vicedo en relación co
xacemento dos Moutillós e cos restos recentemente aparecidos.