A Pena das Vellas é un recinto fortificado de finais da Idade do Bronce,
segundo os entendidos. Este impactante sitio arqueolóxico inventariado
atópase na Pontenova. Na última imaxe figuran as coordenadas. Paga a
pena visitalo.
12/28/2014
Castro do Coto da Vela (Xove).
Castro de Coto da Vela (Xove) - Voo Americano. Ano 1946
Castro de Coto da Vela (Xove) - Voo Americano. Ano 1956
Castro de Coto da Vela (Xove) - Voo Americano. Ano 1956
Castro de Coto da Vela (Xove) - Mapa de relevo sombreado
Castro de Coto da Vela (Xove) - Mapa de Pendentes. Ano 2009-2010
‘O segredo que esconde San Tirso’
Agradecemos a Carlos Fdez Louzao, así como ás veciñas e veciños da
parroquia de Portocelo, por darnos a oportunidade de falarlles sobre o
patrimonio arqueolóxico da súa contorna, na charla que tivo lugar onte
no Centro Social de Vilachá.
Xornada ambiental de limpeza submariña en San Cibrao
Xornada de limpeza submariña, organizada por CEMMA e O Centro de Activiades Subacuáticas Costa Lugo, e na que colaboramos xunto con outras organizacións.
11/01/2014
Viaxe cultural
Para achegarnos á Fonsagrada non fan falla moitas excusas, pero
aproveitando que o noso veciño mariñán, Celso Dourado, inaugura a
exposición “Represaliados” no Museo Etnográfico de Fonsagrada, Mariña
Patrimonio está a organizar unha viaxe cultural para o vindeiro sábado, 8
de novembro, a esta vila. A xornada comezarémola cun roteiro que
transcurrirá pola inacabada estrada da República e que irá dende A
Ferrería de Vilar da Cuíña até A Fornaza.
Rematado o roteiro, dirixirémonos a Barbeitos, onde se continuará coa xornada cultural e onde faremos unha parada para xantar. Posteriormente, desprazarémonos ao Museo Comarcal no que teremos unha visita guiada. Ás 17:30h unirémonos á inauguración da citada exposición “Represaliados”. A exposición é unha homenaxe aos membros do Batallón Galicia e ao comandante Moreno, asasinados polo fascismo no alto do Acevo hai agora 77 anos. A inauguración contará coas actuacións de Mini e Mero e do músico fonsagradino , Brais Monxardín.
Dende A Mariña trasladarémonos en autobús.
Para se anotar e informarse no Tfn.619 55 32 36 (Miguel), no correo electrónico mr.patrimnio@gmail.com ou a través do facebook.
Nos próximos días imos achegar información máis detallada sobre esta actividade.

9/29/2014
ROTEIRO POLA FRAGA DA FURNA
Fermoso
día de outono con sabor a verán tardío o que permitiu gozar dun
espazo natural marabilloso, o val do rego da Furna, un val formado
por un antigo glaciar que, non sendo oficialmente cabeceira do río
Ouro, constitúe o seu ramal máis longo. O grupo de sendeiristas que
respondeu este pasado sábado á convocatoria de MariñaPatrimonio
atravesou ata vinte veces o curso pedregoso do río que serpentea
ondulante polo fondo do antigo val glaciar
As
recentes choivas da pasada semana xa permitiron o crecemento de gran
variedade de cogomelos, sobre todo boletos, cantarelus e rúsulas,
que non pasaron desapercibidos para os paseantes. Pola fraga que
forman os tres regos que confluen na cabeceira do val o grupo
recreouse na enorme variedade de especies vexetais, carballos,
bidueiros, acibros, freixos... e numerosos indicios dunha activa vida
faunística de aves rapaces, xabaríns, cabalos, lobos...Os regos, na
cabeceira do val máis pendente, son unha fermosa sucesión de
pequenas fervenzas e pozos
labrados sobre a rocha granítica.
O
paseo comezou e rematou na capela de Sta. Filomena, resto dunha
antiga igrexa do S. IX ou X, da que se conserva soamente a ábsida e
unha parte dos muros, que nos dan idea da dimensión dese templo
orixinal. Tristemente, o seu estado de conservación non está á
altura do seu valor patrimonial, e non está peor porque a vecindade
se ocupa minimamente do seu coidado.
A
actividade prorrogouse coa subida ao pico do Cadramón, o punto máis
alto da Serra do Xistral(1.056 m) desde onde se pode contemplar unha
panorámica realmente espectacular, e finalmente coa visita á Pena
Abaladoira situada á esquerda da estrada que comunica o Valadouro
con Abadín, no medio dun auténtico festival de formacións
graníticas. Unha refrescante cervexa na vila de Ferreira pechou unha
xornada redonda, que deixou un agradable sabor de boca aos
participantes.
9/22/2014
EXCURSIÓN AO VAL DO REGO DA FURNA (O CADRAMÓN)
A
Asociación Mariña Patrimonio organiza o próximo sábado 27 de
setembro un roteiro polo val do Rego da Furna, unha das fontes do
río Ouro, rodeando o Pico do Cadramón, a maior elevación da Serra
do Xistral, con 1.055 m.
O
percorrido ten unha lonxitude aproximada de 8 km en total e de
dificultade baixa. Iniciaremos o roteiro por un camiño paralelo ao
primeiro tramo que desemboca nun punto onde o val se ensancha,
constituíndo unha das escasas mostras de glaciarismo desta serra do
Xistral. O río segue un percorrido ondulante por este pequeno val
glaciar e finalmente, na cabeceira do val, conflúen nel tres
pequenos regos en forma de abano e cubertos dunha fermosa fraga.
Ao
remate deste roteiro visitaremos a pequena capela de Sta. Filomena,
que constitúe un dos máis antigos exemplos de arquitectura
relixiosa da Mariña, datada nos s. IX ou X e da que só se conserva
a súa cabeceira ou ábside.
A
actividade está aberta ao público en xeral. Para comezar,
xuntarémonos no parque de Ferreira do Valadouro ás 11:00 horas.
Desde alí desprazarémonos en coches particulares ata o punto de
partida do roteiro, que é a propia capela de Sta. Filomena. Cada
participante levará a súa comida, que coincidirá seguramente na
cabeceira do val da Furna, en plena fraga. O remate está previsto
para as 17:00 ou18:00 horas.
A
actividade será de balde para os soci@s, nen@s e desempregad@s. Para
o resto terá un custo de tres euros. Non se precisa apuntarse
previamente, basta con presentarse á hora de inicio indicada. Para
máis información pódese chamar ao teléfono 619553236 ou por mail
no enderezo mr.patrimonio@gmail.com
9/03/2014
A MÁMOA DO CHIVADOIRO E UNHA MINA DE OURO ROMANA: NOVOS XACEMENTOS ARQUEOLÓXICOS NO CONCELLO DE BARREIROS.
Trala
solicitude realizada pola asociación MariñaPatrimonio, a Dirección
Xeral de Patrimonio vén de incluír no inventario de xacementos dous
novos sitios arqueoloxicos ubicados na contorna de Santo Estevo do
Ermo, no concello de Barreiros (Lugo).
Coa
clave GA27005020 e coa denominación Explotación
mineira Forno dos Mouros – Cano dos Mouros
foi inventariada unha gabia mineira no monte de Coira (Celeiro de
Mariñaos). A gabia , dividida en dous tramos, aproximadamente mide
uns 400m de lonxitude e 1.70m de ancho. Nas partes mellor conservadas
chega aos 4m de
profundidade.
Unha singularidade desta mina é a existencia dunha
especie de pontes, que os mineiros foron deixando cada catro metros
cando picaban a rocha, posiblemente como medida de seguridade para
evitar o seu derrubamento.
Na
inspección realizada por técnicos de Patrimonio e polo arqueólogo
especialista en minas romanas, Santiago Ferrer, constatouse que nesta
explotación os mineiros seguían unha veta de seixo, da que quedaron
mostras nas pontes antes mencionadas. Á espera dunha análise das
mostras de seixo recollidas, todo parece indicar que o filón que se
explotou no monte de Coira era de seixo aurífero. Polo tanto,
estariamos diante dunha nova mina de ouro de época romana, que se
sumaría ás de A Cova, A Espiñeira e ás do castro do Carreiro;
todas elas ubicadas no contorno da desembocadura do río Masma.
En
1876
o historiador José Villamil y Castro publicou na revista Museo
Español de Antigüedades
o artigo “
Castros y mámoas de Galicia”,
no que fala do foxo do monte de Coira e confunde esta gabia mineira
co foxo do sistema defensivo dun castro.
Por
outro lado, coa clave GA27005021 e coa denominación Túmulo
de Monte dos Trobos – Chivadoiro, a
Dirección Xeral de Patrimonio incluíu tamén no inventario esta
mámoa localizada casualmente por membros da Irmandade Santo Estevo e
de MariñaPatrimonio coincidindo cunha visita a unhas galerías
mineiras que se atopan neste lugar. Estas galerías foron
inspeccionadas posteriormente polos arqueólogos de Patrimonio que
concluíron que se trata de explotacións relativamente modernas para
a extracción de ferrro e aínda que non foron incluídas no
inventario de xacementos arqueolóxicos, teñen un gran valor
histórico e etnográfico.
Ligazón
fotos:
https://www.flickr.com/photos/97739145@N05/sets/72157646320354282/
9/01/2014
VISITA AOS CASTROS DE COAÑA, PENDÍA E CHAO SAMARTÍN
MariñaPatrimonio realizou este sábado unha viaxe a
varios xacementos do Parque Histórico do Navia, un interesante
modelo de xestión do patrimonio cunha ampla e ben planificada posta
en valor dos seus recursos patrimoniais e que está a xerar
importantes réditos económicos a través do turismo cultural. No
Parque Histórico do Navia fixéronse intervencións arqueolóxicas
en numerosos xacementos, entre os que destacan os castros de Coaña
e Chao Samartín que posúen sendos centros de interpretación nos
que se expoñen unha parte dos materiais atopados nas sucesivas
campañas de escavación.
O
grupo iniciou a visita polo Castro de Coaña, o xacemento que máis
tempo leva sendo estudado e con maior extensión escavada. De seguido
visitou o xacemento de Pendía, que chama a atención pola dimensión
das súas defensas e a existencia de dúas saunas, nun espazo
habitable relativamente reducido.
Durante
a tarde, realizouse unha visita ao Museo Etnográfico de Grandas de
Salime, un completísimo espazo para coñecer a vivenda tradicional,
os oficios e modos de vida da zona occidental de Asturias dos últimos
cen ou douscentos anos. Rematouse a xornada coa visita ao Museo de
Chao Samartín e ao seu castro; seguramente, o máis interesante de
toda a comarca, tanto pola enorme colección de restos atopados como
pola súa prolongada ocupación: Idade do bronce, Idade do Ferro,
Romanización e reutilización como necrópole na Idade Media. Un
terremoto na época de ocupación romana provocou o abandono do
castro. Destaca neste xacemento, dentro do propio recinto
fortificado, unha domus ou gran casa romana, asociada á presenza
dalgún alto militar que dirixiu a explotación do ouro na comarca.
Os
tres castros visitados teñen en común a existencia dun conxunto
urbano integrado por saunas, praza pública e cabanas comunitarias de
gran dimensión.
Os
participantes nesta actividade organizada por MariñaPatrimonio
volveron á Mariña gratamente sorprendidos polas visitas realizadas
e convencidos de que a nosa comarca e o seu enorme potencial
arqueolóxico merecería recibir, cando menos, a mesma atención que
lle prestan os nosos viciños asturianos ao seu patrimonio.
8/21/2014
VISITA AOS CASTROS DE COAÑA, PENDIA E CHAO SAMARTÍN
MariñaPatrimonio
organiza para o sábado 30 de agosto unha viaxe ao parque histórico
do Navia, que comprenderá visitas aos castros de Coaña
(Coaña), Pendia
(Boal) e Chao
Samartín
(Grandas de Salime).
Para
a viaxe poñerase a disposición dos participantes un bus, que os
recollerá dende Viveiro até Ribadeo.
Comezaremos
cunha visita guiada ao castro
de Coaña
e á súa Aula
Didáctica .
Posteriormente trasladarémonos ao castro de Pendia,
tras cuxa visita terá lugar o xantar en Pezós, no mesón As
Cortes.
Tralo xantar desprazarémonos até Grandas de Salime, onde
aproveitaremos para coñecer o seu Museo
Etnográfico
e remataremos a xornada coa visita guiada ao Museo e mailo castro
de Chao Samartín.
A
actividade ten un custe de 25 euros para socios/as, desempregados/as
e nenos/as e 30 para non socios/as. As prazas son limitadas e para
anotarse e obter máis información contactar a través do correo
mr.patrimonio@gmail.com
ou do tfn. 616815120
(Toño).
8/10/2014
VECIÑOS DE BARREIROS SACAN Á LUZ A ANTIGA ERMIDA DE SANTO ESTEVO DO ERMO.
O sitio arqueolóxico atopábase acochado pola maleza dende había décadas.
Despois de varios días de duro traballo rozando no monte, os resultados non puideron ser mellores; debaixo do gran abrigo rochoso, preto de onde mana a fonte de Augas Santas, foi localizada a antiga ermida de Sancti Stephani de Aquis Sanctis, é dicir, de Santo Estevo de Augas Santas ou Santo Estevo do Ermo, como se coñece na actualidade.

Grazas á roza da maleza, os
veciños localizaron os muros da antiga ermida (século IX) e o que poden
ser as casetas onde vivían as ermitás de Santo Estevo. O 25 de febreiro
de 1699 foi enterrada Dominga Salgueyra, a derradeira das ermitás que
viviron neste lugar, no cemiterio de Santo Estevo. O mencionado
cemiterio tamén foi localizado, como o proba a existencia de varias
tumbas situadas no talude que deixou a apertura dunha pista feita hai
doce anos para sacar madeira.
Tras a solicitude da Irmandade Santo
Estevo e de MariñaPatrimonio, os restos do antigo Santo Estevo foran
incluídos por Patrimonio en 2013 no Inventario de Xacementos
Arqueolóxicos. Aínda que daquela resultara imposible acceder aos restos
debido á maleza, a documentación antiga e o testemuño dos veciños
confirmaban a existencia deste xacemento.
A roza que se realizou
recentemente neste sitio arqueolóxico contou coa autorización da
Dirección Xeral de Patrimonio e do propietario do monte, a quen lle
agradecemos a súa boa disposición e a súa colaboración.
Os montes de eucalipto que rodean a actual capela e a súa fraga están totalmente abandonados. A abundante maleza pon en perigo, en caso de incendio forestal, este espazo natural, cultural e relixioso. Este perigo foi o que moveu aos veciños e ás asociacións Irmandade Santo Estevo e MariñaPatrimonio a asumir a limpeza do monte.
Con este redescubrimento sae á luz un importante patrimonio, que merece ser estudado e conservado en beneficio de toda a sociedade. Sería desexable que as administracións públicas se implicasen máis na súa recuperación; mentres isto non ocorra, veciños e asociacións seguiremos dando pequenos pasos para pór en valor o noso patrimonio.
Ligazón para as fotos: https://www.flickr.com/photos/97739145@N05/sets/72157639687224914/with/11905782595/

7/24/2014
ADEGA E MARIÑAPATRIMONIO SOLICITAN A PARALIZACIÓN URXENTE DAS OBRAS NA PRAIA DE AREALONGA PARA PRESERVAR O XACEMENTO DE TURBEIRA MÁIS IMPORTANTE DE GALIZA
ADEGA e Mariñapatrimonio veñen de denunciar ante a Demarcación de Costas de Galicia, a Dirección Xeral de Conservación da Natureza e o concello de Foz, que as obras que se están efectuando na Praia de Arealonga deste municipio, en virtude do Real Decreto-lei 2/2014, de 21 de febrero, polo que se adoptan medidas urxentes para reparar os danos causados polos temporais na costa cantábrica, están a eliminar un dos xacementos paleoclimáticos máis importantes de Europa. Trátase da turbeira da Praia de Arealonga, situada na parroquia focense de Nois.
Ambos colectivos piden a paralización inmediata das obras en preservación dos valores deste xacemento de turba que data de hai 120.000 anos e sobre o que están a actuar directamente as máquinas escavadoras. A maquinaria está a retirar os coídos ou as xógaras de todo o areal, incluídas as que se atopan enriba do xacemento para a construción dun dique no extremo da praia máis próximo ao núcleo de Nois. Esta circunstancia pon en risco a conservación da turbeira, que queda exposta ás adversidade meteorolóxicas e á acción do mar, ademais de alterar significativamente a morfoloxía da praia e, potencialmente, a dinámica costeira da zona.
Pese ao impacto das obras e a súa afectación a un hábitat considerado como prioritario pola UE e de elevado valor paleoclimático para comunidade científica europea, están sendo efectuadas por Costas pola vía da urxencia e, previsiblemente, sen os necesarios informes favorables dos organismos competentes en materia de conservación natural nin preservación patrimonial, así como sen as cautelas debidas ou medidas de prevención que son obrigadas para evitar un impacto irreversible sobre o xacemento paleoclimático. Para confirmar esta circunstancia, ADEGA e Mariñapatrimonio tamén solicitaron a este organismo copia do expediente completo das citadas actuacións.
Ao mesmo tempo, ambos colectivos reclaman ao Ministerio e á Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Xunta que declaren o xacemento como Monumento natural ou con outra figura de protección que consiga preservar a turbeira de Arealonga de futuras obras ou alteracións na súa contorna, xa que non é a primeira vez que as distintas administracións promoven actuacións que poñen en perigo a súa existencia.
ANTERIORES AMEAZAS
En 2008, outras obras do Ministerio de Medio ambiente de “mellora dos servizos do areal” que non foron nin publicitadas nos medios oficiais, estiveron a piques de destruír por completo o xacemento se non é pola intervención de ADEGA e da USC. Daquela, pretendíase construír un paseo marítimo que contemplaba o retranqueo de 5 metros cara o interior do pé do talude, o que implicaba a destrución total do xacemento. Nese momento, a Dirección Xeral para a Sustentabilidade da Costa e do Mar, do Ministerio do Medio Ambiente, por medio da Resolución publicada no BOE nº 142 do 12 de Xuño de 2008 anunciaba a execución dun “Estudio integral da Praia de Arealonga e a súa contorna”, pero non aludía á realización de obras. Ante estes feitos, ADEGA e a Universidade de Santiago de Compostela interviron para reclamar a paralización das obras, solicitando, tamén desta volta, a declaración do xacemento como Monumento Natural. Aínda que isto último non se conseguiu, o Ministerio, Xunta e concello de Foz acordaron en non afectar coas citadas obras a zona central do areal, a parte máis relevante do xacemento. Polo menos, daquela, acadárase a preservación da parte da turbeira paleoambientalmente máis importante. Sen embargo, desta volta, Costas volve intervir no xacemento sen a máis mínima precaución.
VALOR DO XACEMENTO DE TURBA DE AREALONGA
O xacemento de Arealonga de Foz é a turbeira de maior antigüidade de Galiza e pode considerarse o xacemento paleoclimático máis importante do noso territorio e do resto do Estado español, converténdose ademais en referente a nivel europeo para o estudo da evolución do cambio climático nos últimos milleiros de anos.
Procede do último ciclo interglaciar do Cuaternario, adquirindo un valor fundamental para a reconstrucción da mudanza climática desde as primeiras etapas nas que se constata a aparición do home en Galiza. Nel atópase o primeiro estrato de cantos rodados, sobre o que se foron superpoñendo, alternativamente depósitos de turba e area dunar que abarcan todo o período da última glaciación até a actualidade. Ademais é un dos poucos xacementos que aínda se conservan que recolle información sobre período críticos nos que se extinguiron, sobre todo, especies de vertebrados. Estudando este depósito pódese reproducir (a través dos seus restos de esporas, polen e micro-restos de flora e fauna), as condicións climáticas e ecolóxicas que se sucederon durante os 120 mil últimos anos no norte da península.
De feito, tras a súa decuberta polo científico francés Henri Nonn en 1963, este xacemento foi estudado por investigadores de toda Europa. Logo dos franceses, nos anos 80 tamén se interesaron por el científicos alemáns, e nos anos 90 foi obxecto de estudo polo Laboratorio de Xeografía e biodiversidade da Universidade de Santiago de Compostela.
Non é admisible que, ante a relevancia deste xacemento para a ciencia e tamén para a súa posta valor como recurso cultural e patrimonial, siga exposto a obras como as promovidas pola Demarcación de Costas sen as necesarias medidas cautelares ou precaucións.
IMAXES DAS ACTUAIS OBRAS: https://www.flickr.com/photos/97739145@N05/sets/72157645404081060/

7/08/2014
MINI ROTEIRO O 12 DE XULLO POLA FRAGA DE TRASBAR (CERVO)
ADEGA
e MariñaPatrimonio, dentro da campaña
COUSA
DE RAÍCES
pola posta en valor e recoñecemento do bosque galego, organizamos
para o próximo sábado 12 de xullo un roteiro pola fraga de Trasbar,
no concello de Cervo.
As
persoas que queiran participar neste mini-roteiro achegaranse ás 16h
á igrexa de Rúa, dende onde se partirá en coches particulares até
o lugar onde o Rego Grande verte as súas augas no río Covo. Aquí
comezará o roteiro a pé durante uns 5km (ida e volta). Será un
percorrido tranquilo, no que iremos vendo todo o que agocha esta
fraga na que abundan as arandeiras, que nesta época do ano adoitan
estar inzadas de saborosos arandos.
O
prezo da actividade é de 3€; para nenos/as, desempregados/as e
socios/as a actividade é gratuíta.
6/26/2014
AS MINAS ROMANAS DE OURO DA DESEMBOCADURA DO MASMA, INCLUÍDAS NO INVENTARIO DE XACEMENTOS ARQUEOLÓXICOS.
As
explotacións mineiras das Covas (Barreiros) e da Espiñeira (Foz)
veñen de ser recoñecidas como xacementos arqueolóxicos pola
Dirección Xeral de Patrimonio.
Mariñapatrimonio dera a coñecer
estes sitios arqueolóxicos en marzo de 2013 ao tempo que solicitaba
a súa inclusión no Inventario de Xacementos Arqueolóxicos, despois
de que o arqueólogo especialista en minería romana, Santiago
Ferrer, certificase a súa autenticidade.
Hai poucos días felicitabamos a Área
de Cultura da Deputación de Lugo pola volta ao Museo Provincial da
ourivería prerromana, que conforma a colección Álvaro Gil (12
pezas desta colección proceden da Mariña), e hoxe felicitamos ao
Servizo de Patrimonio da Xunta por recoñecer esta gran explotación
aurífera da Mariña.
Sen dúbida, a inclusión e o
recoñecemento como xacemento arqueolóxico deste último tramo do
río Masma, é unha boa nova para a nosa comarca. Pola súa extensión
e a súa boa conservación, esas minas posúen un gran potencial
turístico que, sen dúbida, os alcaldes de Foz e Barreiros saberán
apreciar e saberán poñer en valor para beneficio de todos os
mariñaos.
Subscrever:
Mensagens (Atom)