MariñaPatrimonio
e ACIA Burela, coa colaboración do Concello de Burela, organizan o
venres 6 de marzo a conferencia : “Castrexos. Quen eran? Como
vivían? Como vestían?” que contará coa intervención do
arqueólogo Eduardo
Ramíl Rego,
director do Museo Arqueolóxico de Vilalba.
Con
este acto, pensado como anticipo á IV Festa Castrexa que se
celebrará no mes de xullo, preténdese facilitar ao público
información sobre os costumes e aparencia dos castrexos, para que
participantes, membros dos clans e todo aquel que queira achegarse,
conten con datos e detalles da man dun experto, que se centrará de
maneira especial na indumentaria dos homes e mulleres que habitaban
os castros.
A
conferencia “Castrexos. Quen eran? Como vivían? Como vestían?”
será o venres 6 de marzo ás 20h30 na Sala de Conferencias (Antiga
Biblioteca) de Burela.