No
obradoiro de bateo de ouro en Alfoz, organizado por Mariña
Patrimonio en colaboración co Concello de Alfoz e que dirixiu o
xeólogo Fran Canosa, os participantes atoparon un total de vinte
areíñas de ouro, un número considerable para este tipo de
actividade. Desta xornada, sen dúbida, destacamos a ilusión das
persoas afortunadas que atoparon unha destas areíñas de ouro
mariñán.
8/15/2018
8/12/2018
Colocan cartel de prohibido aparcar no castro de Benquerencia
O propietario da parcela do castro da
Punta de San Pedro de Benquerencia (Barreiros), que está sendo
utilizada como aparcadoiro, coloca un cartel advertindo que é
propiedade privada e que non se pode aparcar nela. Consideramos
lamentable que os responsables da protección do patrimonio e os
encargados de que se cumpra a protección patrimonial das normas
municipais non asuman as súas obrigas e continúen ausentes. Sen o
apoio e sen a implicación das Administracións,veremos se abonda co
esforzo e coa vontade do propietario da parcela para solucionar este
problema.
8/08/2018
COÑECENDO O PATRIMONIO CIVIL E RELIXIOSO DE LOURENZÁ
O
noso agradecemento ao Concello de Lourenzá e ao guía municipal,
Antón Expósito, que nos axudou a preparar as visitas, nos acompañou
e nos aportou interesante información; ao párroco D. José, que nos
permitiu e facilitou o acceso aos templos parroquiais, e á guía do
pazo polas súas explicacións e por adaptarse ao noso horario.
Un
éxito tamén a parte gastronómica na casa de comidas O
Xiraldo,
que nos deixou un grato sabor de boca.
Finalmente,
agradecemento ao noso compañeiro Antón Niñe, que propuxo esta
visita e nos acompañou aportando o seu coñecemento, así coma un
“doce” remate para esta xornada.
+FOTOS:https://www.flickr.com/photos/97739145@N05/albums/72157698337831001
+FOTOS:https://www.flickr.com/photos/97739145@N05/albums/72157698337831001
8/07/2018
ADEGA E MARIÑA PATRIMONIO DENUNCIAN O USO DUN BEN PATRIMONIAL COMO APARCADOIRO DE AUTOCARAVANAS NO CONCELLO DE BARREIROS.
ADEGA
e Mariña Patrimonio vimos de denunciar no SEPRONA a utilización do
Castro da Punta de San Pedro de Benquerencia, no concello de
Barreiros (Lugo), como aparcadoiro de autocaravanas.
Este
castro é
un ben
patrimonial incluído
no catálogo das Normas Subsidiarias de Planeamento do Concello de
Barreiros e a súa
cualificación urbanística é de solo non urbanizable de protección
patrimonial. As
Normas Subsidiarias de Planeamento do Concello de Barreiros
outórganlle ao Castro de San Pedro unha proteccion que consideramos
que non é compatible co uso que se lle está a dar actualmente como
aparcadoiro de autocaravanas nin como lugar de tránsito destes
vehiculos, posto que esta práctica pode estar provocando danos no
xacemento, un ben patrimonial protexido.
Dado
que as actividades que se están a realizar no Castro
de San Pedro probablemente son
contrarias á normativa urbanística
e, ademais, poderían estarse levando a cabo sen contar coas
correspondentes licenzas e autorizacións, solicitamos que se
comprobe se o uso que se está a dar no Castro
da Punta de San Pedro é
conforme á legalidade e que, no caso de non selo, se paralicen as
actuacións contrarias a Dereito nun
ben patrimonial incluído no catálogo de bens protexidos polo
planeamento urbanístico.
Subscrever:
Mensagens (Atom)