3/27/2012

O xacemento de O Carreiro- Marzán (Foz) é un castro.

A consellería de Cultura equivócase ao asegurar que o xacemento de O Carreiro non é un castro e que non hai evidencias dunha explotación mineira.

O 22 de marzo Mariñapatrimonio deu a coñecer a existencia dun dos castros costeiros máis grandes da Mariña luguesa, o castro de O carreiro – Foz (Lugo).

Na noticia, amplamente difundida polos medios de comunicación,
Mariñapatrimonio informaba de que a Xunta tiña inventariado o xacemento, aínda que non especificaba o período histórico nin o tipo de xacemento.

Dende a nosa asociación sostiñamos que había indicios suficientes para consideralo un castro costeiro e aportabamos as fotografías como proba visible do que afirmabamos. Asimesmo, difundimos fotos aéreas do 56 onde se ven claramente as estruturas defensivas que noutrora protexían o castro de O Carreiro; sinalabamos tamén a destrución da maior parte das defensas ao facer a estrada Llas-Rapadoira e a conservación dunha parte dos foxos cavados na rocha.

Á vista das declaracións da Consellería de Cultura recollidas nun xornal publicado o 23 de marzo, e das que destacamos os seguintes fragmentos:

Patrimonio registra en Foz un yacimiento arqueológico pero dice que no es un castro

determinaron que no es un asentamiento fortificado tipo castro en base a la inspección «polo tipo de estrutura, materiais atopados e a ausencia de estruturas defensivas evidentes en superficie».

Desde la Consellería de Cultura puntualizaron ayer que los técnicos no probaron la existencia de un foso en la zona oeste ni la de una explotación minera.

Mariñapatrimonio quere reafírmarse no dito o 22 de marzo: o xacemento de O Carreiro é o segundo castro costeiro máis grande da Mariña, e ademais, grazas á aportación de dous veciños de Foz, queremos achegar novos datos e fotografías que demostran a existencia das estruturas defensivas e da explotación mineira.

No seguinte texto recollése a descrición que fai dos castros de Foz o historiador José Villamil Y Castro no seu libro Los castros y mámoas de Galicia (1876):

1. Al extremo occidental de la extensa playa de Marzán y al O. tambien de la desembocadura del Masma, se encuentra el terreno llamado Prados do cu do castro, situado en una lengüeta de terreno alto y de unos 70 metros de ancho, que se adelanta hácia el mar entre la dicha playa y la caleta de Lagoa. Esta lengüeta está cortada por un foso abierto en la roca y acompañado de un parapeto, en donde aparecen tiestos en gran cantidad.

2. Al otro extremo de la misma playa, y á alguna distancia de ella, la lengüeta que separa las caletas de Carreiro y de Ronqueira está igualmente cortada por un profundo foso de ocho metros de ancho, aismismo abierto en la roca, y con su correspondiente parapeto.

3.Entre ambos puntos, y un kilometro tierra adentro, se destaca el llamado castro, reducido hoy á un montecillo coronado de vistosos pinos que lo hacen visible desde muy laraga distancia. Hasta este castro aseguran los naturales que llegaba una galería subterranea, cuya boca se encuentra á la orilla de la mencionada caleta de Ronqueira, y es de forma ogival y abierta en la peña viva; las cuales obras quizás daten de tiempos en que se explotó allí mineral de hierro (de lo que prestán testimonio las escórias que por allí se encuentra), en atención á la analogía que ofrecen con las reconocidas por M. Quiquerez, en el Jura Bernois, compuestas de fosos, horno y excavaciones cilindricas poco profundas, segun refiere M. Le Hon en su conocida obra (5).

Queda claro que o xacemento arqueolóxico de O Carreiro tiña foxos e parapetos; polo tanto, non hai dúbida de que estamos a falar dun castro.

Villamil Y Castro tamén nos fala da actividade metalúrxica e da mina existente no Carreiro. Aportamos as fotografías das bocas da mina e tamén das galerías que apareceron no 2005 a 700m do castro, e que foron estudadas por Patrimonio.

A publicación de Villamil de hai 136 anos e as fotografías da mina, veñen a corroborar a existencia dun dos castros máis extensos e interesantes na Mariña, tal e como dabamos a coñecer a través da nota de prensa do 22 de marzo.

Enlace fotografías da mina: https://picasaweb.google.com/mr.patrimonio/OCarreiroFoz#

Galerías que apareceron no 2005 a 700m do castro

3/22/2012

NOVO XACEMENTO ARQUEOLÓXICO NA COSTA LUGUESA

Mariñapatrimonio informa ao Servizo de Patrimonio Cultural dun xacemento costeiro de grandes dimensións no concello de Foz.

O pasado mes de novembro Mariñapatrimonio comunica ao Servizo de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia sobre a existencia dun novo xacemento arqueolóxico situado a 300m do casco urbano de Foz, no lugar do Carreiro, entre as praias de Llas e a Rapadoira.

Trala súa inspección polos arqueólogos de Patrimonio, foi incluída no Inventario de Xacementos Arqueolóxicos da Dirección Xeral de Patrimonio coa clave GA27019021 e coa denominación Xacemento O Carreiro- Marzán.

O Servizo de Patrimonio non especifica o período histórico nin de que tipo de xacemento se trata. Mariñapatrimonio opina que hai indicios suficientes para consideralo un castro costeiro. A cerámica atopada no lugar, as estruturas que se atopan á vista e a súa morfoloxía gardan unha gran similitude con outros castros costeiros de Foz e da Mariña. O que diferenza este asentamento é a súa complexidade e o seu gran tamaño.

A meirande parte dos castros costeiros aséntanse sobre unha soa península, aínda que se coñecen algúns que ocupan máis terreo e máis dunha península, tales como o de Cangas ( Foz) e o de San Tirso (Xove).

O castro do Carreiro esténdese por catro penínsulas cunha extensión de aproximadamente 6ha, o que o converte nun dos castros costeiros máis grandes da Mariña.

As defensas neste tipo de xacementos, situados no istmo da península, consisten nun sistema de foxos e parapetos que aíllan e protexen o poboado castrexo.

Na península máis ao oeste do asentamento do Carreiro obsérvanse tres foxos picados na rocha, na actualidade recheos e tapiados pola construción do paseo marítimo.

Na península máis ao leste atópase unha finca estreita e alongada cun forte desnivel, que podería ser parte do foxo e parapeto.

Nas fotos aéreas do Voo americano do 56-57 aprécianse estes foxos e os parapetos; hoxe, lamentablemente, case desaparecidos baixo a estrada que vai de Llas á Rapadoira.

Na zona dos cantís pódense ver varios muros das cabanas do castro, muíños e cerámica común de tradición indíxena. Tamén se atopan numerosos fragmentos de cerámica construtiva con armazón vexetal, vinculada con fornos posiblemente de actividade metalúrxica.

Neste castro hai unha mina, disque de ouro, que foi tapada no ano 1994 ao construír o paseo marítimo. A tradición oral cóntanos da existencia dunha cova no Pico do Castro de Foz a un quilómetro do Carreiro. Esta furada tería dúas saídas, unha iría ata o Cu do Castro (castro de Llas) e outra ata O Carreiro.

A estrada Llas- Rapadoira destruíu unha boa parte do sistema defensivo, a construción do paseo marítimo tamén lle afectou negativamente e sobre o xacemento levantáronse catro vivendas unifamiliares; malia todo isto, O Carreiro mantén moitas hectáreas, presumiblemente intactas, que deben ser protexidas porque a protección e unha adecuada xestión do noso patrimonio supón unha riqueza cultural que atrae o turismo e, en consecuencia, reporta beneficios económicos.

EnlaceFotos: https://picasaweb.google.com/mr.patrimonio/OCarreiroFoz#