Foto: Sole Felloza.
Máis
de cincuenta asociacións participan nesta iniciativa para vertebrar
a defensa e promoción do noso patrimonio material e inmaterial
“A cultura é a
identidade do noso pobo”. Con esta premisa, máis de cincuenta
entidades culturais e patrimoniais de toda Galicia abriron o proceso
para a creación da Rede polo Patrimonio Cultural Galego, unha
entidade cuxo principal obxectivo será velar pola protección, a
divulgación e a defensa do patrimonio cultural do país. 33 delas
estiveron presentes na xuntanza fundacional da Rede no museo do Pobo
Galego este sábado 3 de xuño. Nas vindeiras semanas, as asociacións
que refrenden os acordos tomados constituirán xa formalmente esta
Rede de Patrimonio Cultural.
A
rede servirá coma un instrumento de axuda e unha ferramenta de
difusión das actividades de todas as asociacións e entidades que
participan dela e tamén para promover accións e campañas en
defensa do noso patrimonio cultural en ámbitos institucionais,
sociais e territoriais aos que a cada unha destas entidades, por si
soas, lles resulta difícil acceder.
54 entidades de
gran diversidade territorial e sectorial
54 entidades de todo
o país, que reúnen desde grupos culturais de carácter local ou
comarcal, grupos de investigación universitarios e asociacións de
carácter profesional uníronse no que é a primeira rede vinculada
ao patrimonio cultural que se crea en Galicia, un país onde a
cultura e o patrimonio constitúe unha importante fonte de riqueza
tanto social como económica e un valioso activo cara o futuro. As
entidades participantes na rede manterán a súa independencia, aínda
que participarán do seu calendario común de actividades.
Unha
planificación anual
A Rede polo
Patrimonio Cultural Galego realizará campañas –dúas ou tres por
ano--, que afecten a aspectos económicos, lexislativos,
administrativos, sociais ou educativos relativos ao patrimonio
cultural, á súa conservación, protección e promoción. Ademais,
as entidades participantes acordaron impulsar mecanismos e compartir
recursos para divulgar o patrimonio, especialmente na ensinanza, co
obxectivo de que os máis pequenos crezan cos valores do amor a súa
historia e a súa cultura.
Por outra banda,
consciente de que forma parte dun espazo cultural e histórico
concreto, a rede tamén apoiará campañas que non só se subscriban
á Galicia territorial, senón tamén campañas que abrangan outros
espazos, coma o norte de Portugal ou as zonas fronteirizas de
Asturias e de Castela e León. Neste senso, dará apoio a iniciativas
como a de Ponte das Ondas.
A Rede polo
Patrimonio Cultural Galego conta xa coa web redepatrimonio.gal para
difundir as súas actividades e a de todas as entidades participantes
e creará unha intranet para as comunicacións internas.
A creación desta
nova entidade de defensa do patrimonnio é froito de semanas de
contactos entre distintas entidades. Máis de 50 de toda Galicia
amosaron o seu interese en participar nela e 33 ratificaron os
acordos para impulsala nunha xuntanza que tivo lugar este sábado no
Museo do Pobo Galego, en Santiago.
As entidades que
participan no proceso de fundación da Rede de Patrimonio Cultural
son:
A
Gentalha do Pichel |
A. C.
Arrincadeira |
A. C.
Cultura do País |
ADEGA |
Alén
Nós |
Amigos
do Arqueolóxico |
Asoc.
Cultural Festa da Prehistoria |
Asociación
ABERTAL del Eo-Navia |
Asociación
ambiental e cultural Petón do Lobo |
Asociación
Amigos do Patrimonio de Castro Verde |
Asociación
Amigos dos Castros |
Asociación
Betula
|
Asociación
Cultural e Pedagóxica Ponte...nas ondas! |
Asociación
Cultural O Bión |
Asociación
Cultural Pereira Adiante |
Asociación
cultural Sonora |
Asociación
de Amigos do Parque do Pasatempo |
Asociación
de Veciños O Chedeiro
|
Asociación
galega Cova Crea |
Asociación
Galega do Xogo Popular e Tradicional
|
Asociación
Monte Pindo Parque Natural |
Asociación
Nordés |
Asociación
para a defensa do Patrimonio Cultural Galego |
Asociación
profesional CRG da Conservación e Restauración de bens culturais
de Galicia |
Asociación
profesional de guías de turismo de Galicia |
Asociación
Xermolos |
Buxa,
Asociación Galega do Patrimonio Industrial |
Colectivo
A Rula |
Colectivo
defensa Patrimonio A Forneiriña |
Colectivo
defensa territorio ANOVATERRA |
Colectivo
Patrimonio dos Ancares |
Comunidade
de Montes de Baroña |
Etnoga
Patrimonio Cultural, SL |
Formas
Cip Sl |
Fundación
Alexandre Bóveda |
Fundacion
Eira |
Fundación
Galicia Sustentable |
Fundación
Terra Termarum Castrolandín |
Grupo
de Investigación "A Laxe da Irena" |
Grupo
de Investigación Roda |
Irmandade
Augas Santas |
Irmandade
Illa de Tambo |
Irmandade
Santo Estevo |
Liga
Céltica Galaica |
Mariña
Patrimonio |
Monterrei
Cultura e Territorio e Plataforma en Defensa do Castelo de
Monterrei |
Noutrora |
O
Colado do Vento |
O
Sorriso de Daniel |
O
Suído |
Patrimonio
dos Ancares |
patrimoniogalego.net |
Phottic |
Plataforma
pola recuperación do Sar |
Proxecto
Socheo |
Roxí
Roxal |
Seminario
de Estudos Comarcais da Costa da Morte |
Sociedade
Antropolóxica Galega (SAGA) |
Sociedade
Histórica e Cultural Coluna Sanfins |
Sos
Arte Rupestre |
Umia
Vivo |
www.historiadegalicia.gal
|
Foto: Sole Felloza.