Nun solleiro e xélido sábado, tivo lugar o roteiro que organizamos
para coñecer o rico patrimonio civil e eclesiástico de Ribadeo.
Dende
Marña Patrimonio queremos agradecer a colaboración do Concello de
Ribadeo, da súa guía Begoña, do seu párroco Carlos Miranda e do mestre
Emilio Piñeiroa por ternos acompañado e ilustrado no transcurso deste
interesante percorrido polo rico patrimonio civil e eclesiástico
ribadense.
+ FOTOS https://www.flickr.com/photos/97739145@N05/albums/72157688194856510
2/25/2018
2/15/2018
Roteiro polo patrimonio civil e relixioso de Ribadeo
Dia: 24
febreiro
Horario: 10:00h
– 14:00h. Visita guiada por Ribadeo
15:30h – 17:30h. Visita Arante e Cubelas
15:30h – 17:30h. Visita Arante e Cubelas
Mariña
Patrimonio organiza unha visita guiada a Ribadeo o
día 24 de febreiro, para
coñecer o patrimonio civil e relixioso máis salientable da vila.
Cóntase coa colaboración
do Concello, que vai aportar unha guía especializada
no aspecto civil, e con Carlos Miranda Trevín, que foi
párroco de Cervo e na actualidade exerce en Ribadeo.
As persoas que desexen participar anotaranse no correo de Mariña Patrimonio (mr.patrimonio@gmail.com)
ANTES DO XOVES 22,
indicando o nome e se é socio/a . O
punto de encontro en Ribadeo comunicaráselles por correo electrónico.
No
caso de que haxa un número suficiente de persoas, poderíase pensar
en facer o desprazamento en bus desde San Cibrao (con paradas
intermedias) e organizar o xantar. As persoas interesadas deberán
comunicalo ANTES DO MARTES 20, para pedir prezo do
bus e buscar un lugar para xantar. O custe por persoa do bus e do
xantar dependerá de cantas se anoten. No caso de que saia moi caro,
desbotaríanse estas opcións, decisión que se comunicaría o
mércores 21.
2/06/2018
ADEGA E MARIÑA PATRIMONIO DENUNCIAN NOVOS DANOS NO PATRIMONIO CULTURAL
O castro de Celeiro de Mariñaos
(Barreiros, Lugo) novamente danado pola industria do eucalipto.
ADEGA e Mariña Patrimonio vimos de presentar perante o Servizo de
Protección da Natureza (SEPRONA) unha nova denuncia por posibles
danos ocasionados nunha parcela no xacemento protexido de Os
Castros, situado no concello de Barreiros (Lugo).
Na parcela afectada realizáronse
distintas intervencións, con importantes remocións de terras para a
repoboación con novas plantas de eucalipto. Todo indica que as
intervencións levadas a cabo neste ben patrimonial non contaron coa
preceptiva autorización de Patrimonio e, polo tanto, estariamos a
falar de accións presuntamente ilegais que puideron danar gravemente
un ben patrimonial protexido pola lei.
As asociacións denunciantes
lémbranlle á industria do eucalipto que, grazas á Internet e ás
múltiples imaxes que están á disposición de todo o mundo, as
cortas, plantacións e remocións de terras son moi fáciles de
detectar. Así mesmo, debido a que se editan periodicamente novas
imaxes, é posible acotar as datas nas que se realizan as
intervencións e mesmo se pode apreciar se nun xacemento protexido
foi utilizada unha pa mecánica ilegalmente.
As infraccións en materia de
patrimonio poden ser sancionadas con multas de 300 a 6000 euros, as
infraccións leves; de 6001 a 150000 euros, as consideradas graves; e
de 150001 a 1millón de euros as moi graves. Polo que é recomendable
que calquera intervención sobre un xacemento arqueolóxico
protexido, conte coa autorización previa do Servizo de Patrimonio.
2/05/2018
Entroido Ribeirao
Domingo Corredoiro en Santiago de Arriba - Chantada (Lugo).
Grazas a Xose Manuel Seixas, aos veciños de Santiago de Arriba, especialmente a Juan Carlos González, a Marisé Rey Álvarez e a Iván González Rey, por manter vivo o noso patrimonio cultural e pola súa xenerosa acollida.
Grazas a Xose Manuel Seixas, aos veciños de Santiago de Arriba, especialmente a Juan Carlos González, a Marisé Rey Álvarez e a Iván González Rey, por manter vivo o noso patrimonio cultural e pola súa xenerosa acollida.
Subscrever:
Mensagens (Atom)