Para achegarnos á Fonsagrada non fan falla moitas excusas, pero
aproveitando que o noso veciño mariñán, Celso Dourado, inaugura a
exposición “Represaliados” no Museo Etnográfico de Fonsagrada, Mariña
Patrimonio está a organizar unha viaxe cultural para o vindeiro sábado, 8
de novembro, a esta vila. A xornada comezarémola cun roteiro que
transcurrirá pola inacabada estrada da República e que irá dende A
Ferrería de Vilar da Cuíña até A Fornaza.
Rematado o roteiro, dirixirémonos
a Barbeitos, onde se continuará coa xornada cultural e onde faremos
unha parada para xantar. Posteriormente, desprazarémonos ao Museo
Comarcal no que teremos unha visita guiada. Ás 17:30h unirémonos á
inauguración da citada exposición “Represaliados”. A exposición é unha
homenaxe aos membros do Batallón Galicia e ao comandante Moreno,
asasinados polo fascismo no alto do Acevo hai agora 77 anos. A
inauguración contará coas actuacións de Mini e Mero e do músico
fonsagradino , Brais Monxardín.
Dende A Mariña trasladarémonos en autobús.
Para se anotar e informarse no Tfn.619 55 32 36 (Miguel), no correo electrónico mr.patrimnio@gmail.com ou a través do facebook.
Nos próximos días imos achegar información máis detallada sobre esta actividade.