Mariña
Patrimonio vén de solicitar á Dirección Xeral do Patrimonio
Cultural
a catalogación e protección de dúas novas mámoas descubertas na
parroquia da Rigueira, no Concello de Xove (Lugo).
Grazas
á información facilitada por un profesor da zona, Mariña
Patrimonio puido localizar no lugar de Corveira
unha das mámoas máis monumentais da Mariña, que conta cuns 20m de
diámetro e uns 2m de alto.
A
plantación de eucaliptos, que se realizou recentemente sobre este
monumento megalitico, deixou á vista parte da coraza pétrea que
cobre a mámoa. Os citados labores forestais afectaron especialmente
a parte superior da mámoa onde, a pesar de todo, se aprecia
claramente o cono de violación.
A
mámoa de Corveira atópase nas proximidades da coñecida e
excepcional mámoa
de Guilan, descuberta
por Mariña Patrimonio no ano 2017.
Por
outra banda, Mariña
Patrimonio descubriu no
lugar de Labradela o túmulo de Modia de Lamoso. Esta mámoa ten uns
14m de diámetro, apréciase o cono de violación e restos da coraza.
Como acontece co túmulo de Corveira, este monumento está tamén
afectado por unha plantación de eucaliptos.
Debido
a que nos últimos tres anos a Dirección Xeral do Patrimonio
Cultural non atende as solicitudes presentadas por Mariña
Patrimonio, son moitos os bens patrimoniais que quedan fóra do
Catálogo e, polo tanto, desprotexidos. Por este motivo, a asociación
achegou ao Concello de Xove outra solicitude para que inste á DXPC a
catalogar e protexer estes dous novos monumentos megalíticos
aparecidos no seu concello.
Excepcionalmente
a mámoa
de Guilán,
descuberta por Mariña Patrimonio en 2017, figura no Catálogo de
Bens Patrimoniais grazas a que nese momento a asociación decidiu
presentar a solicitude a través doutra persoa. Porén, non correron
a mesma sorte outros seis bens patrimoniais descubertos no mesmo ano
e cuxas solicitudes asinou Mariña Patrimonio. Por iso, espera que a
Dirección Xeral do Patrimonio Cultural remate co seu pueril boicot
contra a citada asociación e cumpra coa súa obriga de catalogar e
protexer o patrimonio.
Enlace
fotos Mámoa Corveira: https://photos.app.goo.gl/UzPxSQMdJtGtJFj88