Na Praza dos Fornos, en A Pontenova, iniciamos o camiño que nos levou, o sábado 21 de novembro, pola rota do ferro. Miguel Abraira –o noso guía— explicounos ao pé dos fornos o percorrido que nos levaría á Ferraría de Bogo, ao mazo de Ferreiravella e á forxa de Manuel Alonso no lugar da Ermida xa no concello de Riotorto.
Pagou a pena achegarse até Bogo e baixar a pé até a Ferraría—hoxe absurdamente pechada—para ter ocasión de coñecer este complexo que xa funcionaba no 1534 e que foi mellorada no XVIII deixando de funcionar nese mesmo século por mor dun incendio. A instalación foi aberta nesta ocasión especial para Mariñapatrimonio grazas á xestión do Concello de A Pontenova que vai ser no futuro—agardamos que próximo—o responsabel do seu mantenemento.
O autobús achegounos despois ao concello de Riotorto onde o seu alcalde, Federico Gutierrez Estoa, nos facilitou a visita ao Mazo de Ferreiravella e Miguel Abraira e o ferreiro Manuel Alonso puxeron a funcionar o vello mazo.
A terceira das visitas foi un acertado remate para comprendermos todo o proceso. No obradoiro de Manuel Alonso pasamos un tempo inesquencíbel. Manuel fixo, para nós un coitelo na súa forxa. Alí lembramos o texto de Miguel Abraira cando, no seu conto que escrebiu para o Pregón da I Feira da Artesanía do Ferro, no 2007, dicía:
“E por eso—pensa meu pai—agora non deixo de preguntarme que che vou decir eu a ti, e quen vai a conservar agora toda esa beleza de xestos e palabras que temos que deixar no rego: malogreiro, ximela, tendal, gorreón, cepitillo, curvatoes,mainelo,vergallón…
E claro. Entón comprendo. Comprendo os centos de anos de memoria e de historia que perdo. Comprendo que quizais un día tamén nos toque a nós, e Riotorto quede sen ferreiros, e que igual o bonito é conservar precisamente o que os demais van deixando en desuso. Conservar e recordar, para que outros, os que veñan despois de nós, conozan, comprendan e poidan aprender a amar esta terra”.

Para ver as fotos da xornada pica neste enlace:
http://picasaweb.google.es/lh/sredir?uname=mr.patrimonio&target=ALBUM&id=5406656961955260401&authkey=Gv1sRgCPz534Ck5PToIw&feat=email
1 comentário:
Ola amigos.
Quero aproveitar este pequeno espazo para dicirvos que pasei unha xornada magnífica na vosa compaña, e que para min foi un pracer que me elixirais para ensinarvos e compartir con todos vós o que tan só é unha pequena parte dalgo moi especial: a enorme riqueza patrimonial que o ferro nos deixou nestas terras do Eo.
É unha perda que tanto a ferrería coma o mazo, fermosos símbolos dun orixinal pasado, non sigan hoxe a funcionar para os visitantes do modo exacto en que o fixeron durante séculos; pero de aí, penso eu, o gran valor de rematar a nosa visita da forma en que o fixemos: ao carón do lume, con rostros encendidos polas muxicas, impregnados do arrecendo inequívoco do carbón de uz, coa imaxe do ferro dobregándose ao roxo, na renegrida e vella forxa de Manolo de Viñabella. Un dos últimos ferreiros que resisten aínda o envite dos tempos, tras cincocentos anos de Historia forxada a lume e martelo.
Un abrazo, moitas grazas, e ata cando queirades.
Miguel Abraira
Enviar um comentário