10/05/2024

Visita ao Patrimonio de Sarria

 


Mariña Patrimonio está a organizar unha visita ao patrimonio de Sarria para o domingo 20 de outubro, aproveitando que é  día de feira. Pola mañá visitaremos diversos lugares dentro da propia vila de Sarria, acompañados por Xaime Félix López Arias, "Arlindo", gran coñecedor da súa historia.  A visita rematará no campo da feira, onde teremos reservado un lugar para xantar. Neste caso especial, cada quen encargarase de pedir o que desexe para xantar e de pagar directamente aos do mesón.

Pola tarde, veremos o mosteiro da Magdalena antes de regresar.

Temos pensado que o bus sairá da Cruz do Lobo ás 8h e que recollerá participantes en Foz, Burela, Cervo, Xove e Viveiro, desde onde iremos ata Sarria. O prezo, que incluirá bus e actividade, será de 15€ para socios/as e de 25€ para o resto de asistentes.

Tendo en conta que as prazas do bus son limitadas, o prazo para anotarse remata o día 15, cando avisaremos para facer o ingreso correspondente na conta da asociación.