- No xacemento arqueolóxico
Coto dos Castros,Polígono 503- Parcela 287/290, concello de
Mondoñedo e Polígono 3- Parcela 191/192 ,concello de Lourenzá
(Lugo) foi efectuada unha tala do monte de eucaliptos.
- Como consecuencia desta
tala, comprobamos que na zona noroeste deste xacemento, nas
parcelas 287/290 do polígono 503, foron destruídos totalmente 120m
do sistema defensivo (parapeto e foxo). Os materiais do parapeto
foron utilizados como recheo do foxo para achaiar e aumentar a
superficie de plantación de eucaliptos.
- Na zona suroeste, parcela 191/192 do polígono 3, como consecuencia doutra tala e repoboación, comprobamos que houbo remocións de terra con maquinaria pesada nun sector do parapeto.
![]() |
Coto dos Castros (Mondoñedo - Lourenzá) (Lugo) |
Coto dos Castros (Mondoñedo - Lourenzá) (Lugo) |
Coto da Croa
- No xacemento arqueolóxico O
Coto da Croa, parroquia de Santa Cilla, concello de Foz (Lugo),foi
efectuada unha tala e repoboación do monte de eucaliptos.
- Como consecuencia desta tala e repoboación, comprobamos que na parte intacta da croa, (outra parte fora destruída por unha canteira) abriuse con maquinaria pesada un acceso polo parapeto para entrar no interior da croa, que foi totalmente arada con profundos e anchos sucos, quedando á vista numerosos fragmentos de cerámica castrexa.
Castro Loureiro
- No xacemento arqueolóxico
Castro Loureiro, parroquia de Chavín, concello de Viveiro (Lugo)
GA27066012 foi efectuada unha tala do monte de eucaliptos.
- Como consecuencia desta
tala, comprobamos a posible afectación deste xacemento protexido
pola lei.
- No xacemento arqueolóxico A
Croa, parroquia de Landrove de Viveiro , concello de Viveiro (Lugo)
GA27066011, foi efectuada unha tala e repoboación do monte de
eucaliptos.
- Como consecuencia desta
tala, comprobamos a posible afectación deste xacemento protexido
pola lei.
Os Castro de San Caetano - Celeiro de Mariñaos - Barreiros (Lugo) Furados de 2m x 1,5m no parapeto |
Os Castro de San Caetano
- No xacemento arqueolóxico
Os Castro de San Caetano, parroquia de Celeiro de Mariñaos concello
de Barreiros (Lugo), foi efectuada unha tala e repoboación do
monte de eucaliptos.
- No xacemento arqueolóxico
Os Castros, parroquia de San Pedro de Viveiro , concello de Viveiro
(Lugo) GA27066009, foi efectuada unha tala e repoboación do
monte de eucaliptos.
- Como consecuencia desta tala
e repoboación, comprobamos que houbo remocións de terra con
maquinaria pesada que abriu numerosos furados por toda a superficie
deste xacemento protexido pola lei.