A asociación Mariñapatrimonio informou ao Servizo
de Patrimonio da Consellería de Cultura sobre a existencia de dous bens
patrimoniais: unha mámoa que se atopa no lugar de Moreiras, parroquia de San
Román ( O vicedo- Lugo), coñecida co
nome de A Cova de Ouro e un petróglifo dos denominados reticulados que apareceu
no lugar de Langoira, parroquia de Castelo (Cervo- Lugo).
Estes dous bens patrimoniais foron incluídos polo
citado Servizo de Patrimonio no inventario de xacementos arqueolóxicos da
Dirección Xeral de Patrimonio Cultural
coas claves GA27064019 e GA270130 respectivamente.
Segundo os
expertos, os petróglifos reticulados son dos máis antigos de Galiza,
coñécense poucas rochas con este tipo tipo de gravuras e concéntranse case
exclusivamente na provincia de Pontevedra.
O túmulo da Cova de Ouro probablemente deba o
seu nome ao feito de que o ouro frecuentemente formaba parte do enxoval funerario
enterrado nas mámoas.
Estes dous
novos achados súmanse á lista de xacementos arqueolóxicos da Mariña, amosando a riqueza patrimonial da comarca.
Sem comentários:
Enviar um comentário