O
pasado 23 de novembro tiveron lugar dúas actividades relacionadas
coa exposición de útiles do paleolítico, a cal permanecerá aberta
na Casa do Concello de Cervo ata o día 30 de novembro. Nas
actividades da mañá participaron arredor de cincuenta alumnos do
IES Marqués de Sargadelos quen, ademais de asistir a unha charla do
director do Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba, Eduardo
Ramil, participaron nunha clase práctica de fabricación de útiles
líticos e posteriormente tiveron a oportunidade de elaboraren
algunha destas ferramentas.
Xa
pola tarde, no Salón de Plenos do consistorio, Eduardo Ramil
pronunciou diante dunhas cincuenta persoas unha interesante
conferencia sobre quen eran, como vivían e que pegadas nos deixaron
os primeiros poboadores da Mariña.
Pola
exposición tamén pasou o xoves 22 de novembro o alumnado do colexio
de Cervo; un total de oitenta e dous nenos e nenas que, ademais da
visita guiada, participaron nun obradoiro de elaboración de útiles
do paleolítico.
A
exposición, así como as distintas actividades de divulgación
organizadas por Mariña Patrimonio e a Asociación Cultural Fervenza
de Sargadelos, enmárcanse na celebración do Día Internacional do
Patrimonio Mundial como resposta á iniciativa da Rede do Patrimionio
Cultural. Na súa realización contou coa estreita colaboración da
Asociación de Amigos do Museo de Vilalba, do Museo de Prehistoria e
Arqueoloxía de Vilalba e mais do Concello de Cervo.
As
asociacións organizadoras queremos agradecerlles tanto ao director
do Museo de Vilalba, Eduardo Ramil, coma ao concelleiro de Patrimonio
de Cervo, Alfredo Fernández, a súa colaboración e implicación na
divulgación do noso patrimonio.
+FOTOS:
Sem comentários:
Enviar um comentário