O
vindeiro 30 de marzo Mariña Patrimonio organiza unha visita guiada a
Foz para coñecer o seu patrimonio civil e relixioso. Nesta visita,
ademais de percorrer lugares emblemáticos da vila, achegarémonos
ata a Frouxeira, San Martiño e Vilaronte.
De
haber un número suficiente de persoas interesadas en participar
nesta actividade, os desprazamentos faríanse en bus, que sairía de
Viveiro e faría paradas intermedias ata chegar a Foz. As persoas que
veñan doutra zona, e tamén as de Foz, poderían incorporarse ao bus
para desprazárense ata os diferentes lugares da visita.
Antes
de reanudar as actividades da tarde, haberá un xantar no que poderán
participar todas as persoas que o desexen.
Para
poder organizar axeitadamente esta saída, a data límite para
anotarse é o próximo xoves 21 de marzo, indicando o nome, se é
socia/o ou non, así como as opcións que lle interesen respecto ao
bus e ao xantar. O venres 22 de marzo informarase sobre o importe
que se deberá ingresar en función das opcións elixidas.
A
xornada desenvolverase ao longo da mañá de 10.00h a 14.00h e
continuará pola tarde de 16.00h a 19.00h.
Sem comentários:
Enviar um comentário