1/21/2018
Rituais no Santo Estevo do Ermo
Á dereita un corazón, un círculo? e
unha lúa crecente; á esquerda un corazón, unha lúa menguante e un
círculo? Estas representacións, feitas con grans de café, puidemos
velas recentemente nas bancadas do adro da capela de Santo Estevo do
Ermo. Se cadra, novos rituais nun lugar a onde, dende tempos
inmemoriables, a xente acode para curar o corpo e a alma.
1/18/2018
12/12/2017
EN BRUXELAS DEFENDENDO O PATRIMONIO
Membros
de Mariña Patrimonio, xunto con representantes doutras dezanove
asociacións, estivemos os pasados días 6 e 7 de decembro no
Parlamento Europeo informando a eurodeputados e a representantes da
Comisión Europea sobre os graves danos que provoca a eucaliptización
no patrimonio galego. Ademais, lembrámoslles que unha parte da
celulosa que consomen en Europa é a responsable da destrución
masiva do patrimonio galego, e europeo.
Nas
diferentes mesas de debate mantidas no Parlamento, quedaron patentes
os múltiples prexuízos que ocasiona o monocultivo do eucalipto así
como o desleixo dun goberno e dunha Dirección Xeral de Patrimonio,
desaparecidos na espesura do inmenso eucaliptal galaico.
Así
mesmo, quedou patente o vigor dunha sociedade civil, con moitos
folgos e con moitas ideas, a través das diferentes intervencións e
das variadas propostas para tentar frear a devastación que a
industria do eucalipto ocasiona no patrimonio natural e cultural.
Por
último, queremos agradecerlles a Lidia Senra e ao seu equipo por
facer posible e por ternos convidado a este interesante encontro.
12/01/2017
MARIÑA PATRIMONIO E A IRMANDADE SANTO ESTEVO DO ERMO PARTICIPARÁN NUNHAS XORNADAS NO PARLAMENTO EUROPEO SOBRE EUCALIPTOS E DESTRUCIÓN DO PATRIMONIO.
A
Irmandade de Santo Estevo do Ermo e a asociación Mariña Patrimonio
viaxarán a Bruxelas os vindeiros días 6 e 7 de decembro para
participar no Parlamento Europeo nunhas xornadas promovidas pola
eurodeputada Lidia Senra. Estas xornadas teñen como obxectivo
informar e sensibilizar á Unión Europea sobre a destrución do
patrimonio cultural e natural provocada pola industria do
eucalipto-celulosa.
Nas actividades programadas, nas que
participarán dezaoito asociacións de toda Galicia, Mariña
Patrimonio xunto coa Irmandade de Santo Estevo centraranse na
destrución do patrimonio cultural e arqueolóxico na Mariña. Ambas
asociacións aproveitarán os encontros con representantes da
Comisión Europea e as reunións con eurodeputados de diversos
países, para explicarlles as nefastas prácticas forestais na
produción da madeira, que abastece a industria da celulosa, así
como o incumprimento das leis e das normas (europeas, estatais e
galegas) por parte da industria forestal e da Xunta de Galicia.
11/19/2017
O PATRIMONIO RELIXIOSO DE CERVO NO DÍA INTERNACIONAL DO PATRIMONIO
Este
sábado un nutrido grupo de persoas participamos no roteiro
organizado con motivo do Día Internacional do Patrimonio, para
coñecermos unha parte importante do patrimonio eclesiástico do
concello de Cervo.
A
xornada comezou cunha visita á igrexa de Cervo e posteriormente
continuamos o percorrido polas igrexas de Sargadelos, de Rúa e de
Lieiro. Así mesmo, visitamos as capelas de Santa Eufemia, en
Trasbar; a de San Cibrao, no Porto de Arriba e maila de San Caetano,
no Guioncho.
Dende
Mariña Patrimonio queremos agradecer a colaboración do Concello de
Cervo, así como a interesante achega dos guías, Antón Niñe e
Carlos Miranda Trevín, e a dos propietarios das capelas visitadas,
Bautista de Trasbar e Emilio Rubiños. Así mesmo, agradecemos a
colaboración prestada polo párroco de Cervo e a das persoas
encargadas da apertura das igrexas.
Esta
interesante actividade, que nos permitiu coñecer mellor parte do
rico patrimonio relixioso do concello de Cervo, desenvolveuse no
marco das actividades realizadas en toda Galicia por varias
asociacións integrantes da Rede do Patrimonio Cultural.
11/14/2017
Patrimonio eclesiástico do concello de Cervo
Pinturas Capela vella de Sta. Eufemia de Trasbar
Día
Internacional do Patrimonio #DiadoPatrimonio
Roteiro polo patrimonio eclesiástico do concello de Cervo
Roteiro polo patrimonio eclesiástico do concello de Cervo
Dende
Mariña
Patrimonio queremos lembrar a todas as persoas que poidan estar
interesadas que o vindeiro sábado, 18 de novembro, temos programada
unha visita, libre e gratuíta, polo patrimonio eclesiástico do
concello de Cervo. A visita será guiada polo profesor e investigador
Antón
Niñe . O percorrido comezará ás 10.00h na Igrexa de Cervo e
posteriormente visitaremos as Igrexas de Sargadelos, a de Rúa e
maila capela vella de Sta. Eufemia de Trasbar. Despois dunha pausa
para o xantar, de 14.00h a 16.00h, continuaremos co percorido coas
visitas á capela de San Cibrao, no Porto, á Igrexa de Lieiro e
finalmente á capela do Guioncho.
Este
roteiro forma parte do conxunto de actividades programadas por
diversas asociacións integrantes da Rede
do Patrimonio Cultural, con motivo do Día Internacional do
Patrimonio.
As
persoas interesadas en participar deberán cubrir o seguinte
FORMULARIO
DE INSCRICIÓN
11/13/2017
Igrexa de Cervo
Día Internacional do Patrimonio #DiadoPatrimonio
18 de novembro, roteiro polo patrimonio eclesiástico do concello de Cervo.
A igrexa de Cervo é outra das que imos visitar.
18 de novembro, roteiro polo patrimonio eclesiástico do concello de Cervo.
A igrexa de Cervo é outra das que imos visitar.
11/10/2017
Igrexa de Rúa (Cervo)
Roteiro polo patrimonio eclesiástico do concello de Cervo
A igrexa de Rúa, unha das que visitaremos no roteiro do próximo 18 de novembro
11/08/2017
Roteiro polo patrimonio eclesiástico do concello de Cervo
Co
fin de conmemorar o Día Internacional do Patrimonio, Mariña
Patrimonio está a organizar para o día 18 de novembro unha visita
guiada, libre e gratuíta, polo patrimonio eclesiástico do concello
de Cervo. O percorrido polas diferentes igrexas comezará ás 10.00h
na Igrexa de Cervo e, dependendo das persoas que se inscriban, continuarase
en coches particulares ou en autobús. Ás 14.00h faremos unha pausa
para xantar e retomaremos a actividade ás 16.00h diante da capela de
San Cibrao no Porto.
Quen
o desexe poderá participar no xantar que terá lugar no restaurante
O Pedregal de San Cibrao; a data límite para anotarse é o martes 14
(prezo 12€)
Este
roteiro enmárcase no conxunto de actividades programadas por
diversas asociacións integrantes da Rede do Patrimonio Cultural.
As
persoas interesadas en participar deberán cubrir o seguinte
FORMULARIO
DE INSCRICIÓN
Subscrever:
Mensagens (Atom)


