2/08/2013

O PETROGLIFO DA “CASA DO CURA”, NOVO XACEMENTO INVENTARIADO NA MARIÑA.


O petroglifo de Monte, o primeiro inventariado no concello de  Xove, atópase nunha rocha da finca denominada “Casa do Cura”, en Penas Agudas (parroquia de Monte).
Este petroglifo foi incluído polo Servizo de Patrimonio da Consellería de Cultura no Inventario de xacementos arqueolóxicos coa denominación “petroglifo do Monte” coa clave GA27025030.

Os petroglifos son gravuras feitas nas rochas.Trátase da manifestación artística máis xenuína da prehistoria de Galicia. A maioría destes xacementos datan da Idade do Bronce e, aínda que se atopan en todo o territorio galego, abundan especialmente nas Rías Baixas.




A rocha da “Casa do Cura” ten gravados 18 buratiños semiesféricos, coñecidos como coviñas ou cazoletas, e varias liñas serpentiformes. Este é o primeiro petroglifo descuberto en Xove que ven a sumarse aos xa dados a coñecer por Mariñapatrimonio: O do castro da Atalaia (San Cibrao); o do castro do Coído, os do castro de Rueta e o reticulado de Langoira (Cervo); os do castro de Burela e os podomorfos nas Anzas (Ribadeo)

O petroglifo de Monte, ao incluíreno no Inventario do Patrimonio Cultural de Galicia, goza da máxima protección por tratarse dun Ben de Interese Cultural (BIC)
Este achádego, que confirma a riqueza arqueolóxica da nosa comarca, aporta novos datos para o estudo desta interesante manifestación cultural da prehistoria na Mariña.

2 comentários:

Unknown disse...

Un galaico-català. Quería informar de que en un pueblo de Lugo llamado " O incio" y más concretamente en "Val do incio" también tenemos petroglifos abandonados de la mano de Dios. Si necesita más información este es mi correo: jerry_suave@hotmail.com

Anónimo disse...

Existen en Galicia máis de 20.000 puntosde interese arqueolóxico, a meirande parte deles abandonados e descoidados; os que se supón están catalogados, métenos en "parapetos" "furnas de cristal" ... enfín ... ata que os galegos sexamos conscientes do valor do noso Patrimonio Arqueolóxico pouco pódese facer. Grazas !