A
escasa protección das catas realizadas en 2007 favoreceu o efecto
destrutivo dos temporais.
Mariñapatrimonio
vén de informar ao Servizo de Patrimonio de Lugo que por mor dos
temporais viuse afectado o sitio arqueolóxico de Estabañón, na
praia de Area (Viveiro), o que provocou a destrución dunha parte do
xacemento, especialmente os píos de salazón, onde Costas realizara
unhas catas arqueolóxicas no 2007; catas que quedaron
insuficientemente protexidas cunha capa de xeotextil e unhas pas de
area.
Antes das cicloxéneses
Catas insuficientemente protexidas cunha capa de xeotextil e unhas pas de area.
No lugar apareceron novos
muros e cimentación de edificacións, destacando un muro de gran
anchura, situado ao sur do lugar das catas. No lugar tamén se
aprecian un bo número de restos arqueolóxicos, entre eles un
posible morteiro de
pedra , e
centos de fragmentos cerámicos: tixolos, tégulas, cerámica común
romana e ánforas.
Novos muros
Mariñapatrimonio
solicítalle á Xunta a recollida dos restos arqueolóxicos, para
evitar o seu espolio e/ou a desaparición por causas meteorolóxicas;
a documentación dos novos muros e das cimentacións aparecidas, así
como o requirimento a Costas para que protexa de forma adecuada o
xacemento e evite a súa destrución.
Ligazón
para as fotos.
Sem comentários:
Enviar um comentário