Fotos
das xornadas Cocido & Sauna que realizamos na Fonsagrada.
3/27/2017
3/17/2017
COCIDO & SAUNA CASTREXA
FONSAGRADA
2017
COCIDO
& SAUNA CASTREXA
25
e 26 DE MARZO
Mariña
Patrimonio organiza para os próximos 25 e 26 de marzo unhas xornadas
en Fonsagrada arredor do patrimonio gastronómico e do patrimonio
arqueolóxico:
Sábado
25, Cocido en Casa Villar (Paradavella).
O
cocido de Obdulia é, sen dúbida, un dos mellores cocidos do mundo.
Ler
crítica gastronómica. Para poder degustalo cómpre
apuntarse antes do 23 de marzo; as prazas son limitadas e as reservas
fanse por orde de inscrición.
Domingo
26, Roteiro Sauna
Castrexa de
Castañoso .
A
ruta é de 6,5km; hai que levar o xantar e o prezo da actividade
mailo seguro é de 10€ para non socias/os e de 5€ para socias/os.
Estas dúas actividades están
abertas ao público en xeral, as prazas son limitadas e os que
queiran participar nas dúas xornadas, facendo noite na Fonsagrada,
terán que reservar hotel.
3/14/2017
XORNADA ARQUEOLÓXICA EN XOVE
O pasado sábado visitamos a mámoa de Guilán e mailo círculo de Lavandeira, ambos no concello de Xove. Como remate da xornada asistimos á interesante conferencia do arqueólogo Ignacio Vilaseco. Agradecemos a colaboración e a participación de todas as persoas que se implicaron no desenvolvemento desta actividade.
3/09/2017
ESTUDOS ARQUEOLÓXICOS CONFIRMAN A EXISTENCIA DUN “HENGE” NO CONCELLO DE XOVE.
As obras do corredor
costeiro afectaron gravemente este xacemento arqueolóxico que,
segundo algunhas fontes, sería o segundo henge que se investiga e
descobre na Europa continental.
Segundo soubo Mariña
Patrimonio, e a falta de datos oficiais, os traballos arqueolóxicos
realizados recentemente na estrutura circular de Lavandeira do
concello de Xove confirmaron que se trata dun xacemento arqueolóxico
tipo henge, similar
á Roda de Barreiros.
En agosto de 2015 Mariña
Patrimonio solicitara a inclusión deste recinto circular de Xove no
Inventario de Xacementos Arqueolóxicos; tras cuxa solicitude o
Servizo de Patrimonio redactou unha “ficha normativizada do
Inventario de Xacementos Arqueolóxicos da DXPC”, ficha que non ten
ningún valor e que non protexe en absoluto os xacementos.
Desgrazadamente,
o 50% da estrutura circular xa fora agredida e gravemente modificada
con anterioridade con motivo da construción dun tramo
do corredor costeiro entre San Cibrao e Celeiro.
Cando se realizou o estudo arqueolóxico para a realización desta
infraestrutura, lamentablemente non se detectou a existencia do
citado xacemento arqueolóxico e para paliar este erro, a empresa
construtora comprometeuse con Patrimonio a realizar unhas catas co
fin de verificar a existencia do posible xacemento; en caso de
confirmarse a autenticidade do mesmo, a construtora retiraría o
talude, que cobre a metade do círculo, e repoñeríao ao estado
anterior ao inicio das obras.
Mariña Patrimonio
confía, agora que está confirmada a autenticidade do sitio
arqueolóxico, que se devolva o xacemento ao seu estado anterior e
que as distintas administracións sumen esforzos na protección e
promoción deste importante ben patrimonial.
3/07/2017
DESCUBERTA UNHA MONUMENTAL MÁMOA CON DOLMEN EN XOVE
Mariña
Patrimonio vimos de solicitar á Dirección Xeral de Patrimonio a
inclusión no Catálogo de Xacementos Arqueolóxicos da monumental
mámoa de Guilán, A Rigueira (Xove). Esta espectacular mámoa ten un
diámetro de aproximadamente 30m e unha altura de 2,5m. O túmulo
presenta cono de violación que permite ver o dolmen, no que se
aprecian
seis chantos
e maila laxe de
cuberta. As súas monumentais dimensións, o seu bo estado de
conservación e o feito de manter o dolmen, converten sen dúbida a
mámoa de Guilán nunha das máis espectaculares e importantes de
toda a Mariña.
Lembramos
que o próximo sábado, na Aula de Formación do concello de Xove,
haberá unha conferencia
a cargo do arqueólogo Ignacio Vilaseco Vázquez
que falará sobre este monumento megalítico. Antes da conferencia,
temos organizada unha visita a este xacemento e ao círculo de
Lavandeira. 3/05/2017
CONFERENCIA EN XOVE SOBRE MÁMOAS E CÍRCULOS
Mámoas
e círculos: unha aproximación ao patrimonio arqueolóxico do
Concello de Xove, é o
título da conferencia que o arqueólogo Ignacio Vilaseco Vázquez
impartirá o próximo sábado 11 ás 19.00h na Aula de Formación
(fronte ao xeriátrico) no concello de Xove.
No
catálogo de xacementos arqueolóxicos do PXOM de Xove figuran 32
xacementos: 21 mámoas, 7 castros e 4 sitios arqueolóxicos doutro
tipo. O PXOM non recolle no catálogo as últimas incorporacións que
a Dirección Xeral de Patrimonio incluíu no seu inventario e, por
suposto, tampouco inclúe as mámoas recentemente descubertas nin a
estrutura circular de Lavandeira. Estes datos dannos unha idea da
gran importancia que ten o patrimonio arqueolóxico de Xove.
Mariña
Patrimonio coa organización desta conferencia do arqueólogo Ignacio
Vilaseco pretendemos dar a coñecer a riqueza dun patrimonio moitas
veces esquecido, centrándonos especialmente nas mámoas e nos
enigmáticos círculos como o da Lavandeira.
Como
complemento a esta conferencia, organizamos unha visita á monumental
mámoa descuberta recentemente e mais á estrutura circular de
Lavandeira. Esta visita farase en coches particulares e trancurrirá
por unha pista de terra en parte do tramo. Partiremos da praza do
Concello de Xove ás 16.30h. Tanto a visita como a conferencia son
gratuítas e están abertas ao público en xeral.
Subscrever:
Mensagens (Atom)