A actividade, organizada polo
colectivo Pensamento e Sementeira e maila a asociación Mariña
Patrimonio, terá lugar o xoves 25 de abril en Viveiro.
O
historiador Xosé María Leal Bóveda impartirá a conferencia O
sistema defensivo litoral no Cantábrico galego. Séculos XVII-XVIII.
O caso de Viveiro- Celeiro na
sala da planta baixa da Biblioteca Municipal de Viveiro. O acto, que
comezará ás 20h.00, conta coa colaboración do Concello de Viveiro
e ten como finalidade dar a coñecer as baterías costeiras de San
Xoán e de Celeiro. Estes bens culturais, malia a súa importancia,
son unhas grandes descoñecidas do patrimonio de Viveiro e non
contan na actualidade con ningún tipo de protección.
Sem comentários:
Enviar um comentário