A asociación sociocultural Mariña Patrimonio vén de documentar un novo castro no concello de Mañón (A Coruña).
O xacemento, situado na Ría do Barqueiro, concretamente na Punta Preguntoiro, na parroquia de Mogor, ten unha forma ovalada de aproximadamente uns 110x85 metros de diámetro. Aínda que o sitio arqueolóxico se atopa plantado de eucaliptos e cuberto dunha espesa matogueira, obsérvanse claramente tanto o foxo coma o parapeto que defendían este antigo poboado.
Este
ben patrimonial non figura nin no Catálogo do Patrimonio Culltural
de Galicia nin no do PXOM de Mañón, polo que Mariña Patrimonio vén
de solicitarlle á Dirección
Xeral do Patrimonio Cultural - Conselleria de Cultura a inclusión
deste novo xacemento no Catálogo do Patrimonio Culltural de Galicia.
Como vén sendo habitual, e ante o temor de que a Consellería de
Cultura boicotee e non atenda a solicitude presentada por Mariña
Patrimonio, esta asociación achegou tamén unha solicitude ao
Concello de Mañón para que inste á DXPC a catalogar e protexer
este novo castro documentado no seu Concello.
Sem comentários:
Enviar um comentário