Seguindo
co ciclo de actividades online programadas para 2020 por Mariña
Patrimonio, o colectivo organiza unha conversa entre o historiador
Ramón Villares e o xornalista Ernesto Sánchez Pombo arredor de Luis
Seoane e Isaac Díaz Pardo, ao fío do epistolario que mantiveron
ambos persoeiros e que recentemente dixitalizou o Consello da Cultura
Galega, coincidindo co centenario do nacemento de Díaz Pardo.
A
actividade, “Conversa arredor de Seoane e Díaz Pardo, que conta
coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación Provincial de
Lugo, terá lugar o vindeiro sábado 12 de decembro e poderá
seguirse na páxina de Facebook de Mariña Patrimonio a partir das
19.00h.
Sem comentários:
Enviar um comentário