O arqueólogo Santiago Ferrer confirma que neste gran complexo mineiro tense extraído ouro na época romana.
Mariñapatrimonio
vén de descubrir nos lugares de As Covas (Barreiros) e A Espiñeira (Foz), a
existencia de restos do que noutrora foi un gran complexo mineiro.
A morfoloxía do
lugar e o tipo de solo, terrazas aluviais, indicaban que podía tratarse dun
xacemento mineiro romano e destinado á extracción de ouro.
Mariñapatrimonio
contactou co arqueólogo de recoñecido prestixio e especialista en minería
antiga, Santiago Ferrer Sierra, quen confirmou in situ que sen ningunha
dúbida estamos ante un importante complexo mineiro de época romana e que tanto
na Espiñeira coma nas Covas extraeuse ouro hai dous mil anos.
Destacou a
trascendencia do achado e sinalou que se trata da primeira explotación mineira
romana da que se ten noticia na Mariña, onde arqueólogos e historiadores
pensaban que non existían este tipo de explotacións.
Ferrer fixo
tamén fincapé na magnitude do xacemento arqueolóxico e no bo estado en que
chegou a nós; asimesmo destacou a importancia de conservalo e protexelo.
Na visita ao
xacemento de A Espiñeira,xunto co arqueólogo e membros de Mariñapatrimonio,
tamén estivo o alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira,con quen se conversou
sobre as grandes posibilidades que ofrece o lugar para ser visitado, o que
atraería un turismo cultural que complementaría a oferta turística da Mariña.
Este novo
xacemento contribúe a reforzar a idea do rexidor de Foz de recuperar o veciño
castro de As Engrobias.
Mariñapatrimonio
comunicou este novo achado ao Servizo de Patrimonio da Xunta e solicitou a súa
inclusión no Inventario Xeral de Patrimonio.
1 comentário:
El yacimiento aurífero romano de Foz no es nada nuevo, léase a Don Guillermo Schulz, este ilustre geólogo ya en 1832 describió esa explotación en sus cuadernos de campo en Galicia.
Saludos.
Manuel Echevarria
Enviar um comentário