A
asociación MARIÑAPATRIMONIO organiza para o sábado 20 de abril un
roteiro arqueolóxico pola comarca da Terra Chá, na bisbarra de
Vilalba.
Para esta actividade
divulgativa a asociación conta coa colaboración inestimable do
Museo Arqueolóxico de Vilalba e en particular do seu director
Eduardo Ramil, que guiará a visita á Roza das Modias, a Pedra
Chatada e o acubillo de Pena Grande, entre outros.
Esta actividade inclúe a
visita guiada ao Museo Arqueolóxico, onde o seu director falará
sobre o Paleolítico na Mariña ao tempo que se poderán ver e tocar
pezas procedentes da nosa comarca depositadas no Museo: útiles
paleolíticos de Louselas (Ribadeo) e de Río Covo (Cervo). Eduardo
Ramil fará unha demostración da fabricación destes útiles líticos
e os participantes que o desexen poderán pór en práctica o
aprendido..
O roteiro contará cunha
comida conxunta e disporase dun autobús para o desprazamento dende
a Mariña.
O prezo da actividade,
que inclúe a comida e o autobús, será de 25 euros. Os nenos,
estudantes e desempregados pagarán 20 euros.
As persoas interesadas en
participar neste roteiro deberán apuntarse antes do 15 de abril
chamando aos telefonos 654173637 / 616815120.
Sem comentários:
Enviar um comentário