Foi
descuberto por mor das obras da autovía A-8 e aínda está sen
protexer.
No
xacemento arqueolóxico de A
Roda de Barreiros
realizouse no 2006 unha intervención arqueolóxica por mor do
trazado da autovía A-8, que pasaba enriba deste xacemento. Trala
escavación case total de A Roda sae á luz un importante e
enigmático xacemento que a día de hoxe, e sen estar concluída a
escavación, os arqueólogos descoñecen o seu uso e a súa
datación.
Na
actualidade, os arqueólogos
da Xunta din que
A Roda pode ter certa similitude co círculo da Chousa do Rodeiro do
castro de Coeses (Lugo), actualmente ameazado tamén polas obras da
autoestrada Santiago-Lugo.
Hai
sete anos a Xunta e Fomento decidían variar o trazado da autovía
para evitar a destrución deste xacemento único en Galicia e, tras
unha custosa intervención, A Roda lograba salvarse.
Hoxe
en día, despois da súa “salvación”, o xacemento de A Roda
atópase nun lamentable estado de abandono con visibles signos de
degradación e destrución porque Fomento non cumpriu coa súa
obriga de conservar, coidar e protexer este ben patrimonial, amosando
unha vez máis o seu escaso interese polo noso patrimonio.
Por
iso, dende as nosas asociacións, instamos á Xunta para que cumpra
coa súa obriga legal de protexer o patrimonio e que obrigue ao
Ministerio de Fomento a adoptar as medidas necesarias para conservar,
coidar e protexer este ben patrimonial.
1 comentário:
Por se a alguen quere ver o lugar:
Latitude:43º 32' 22,32'' N
Lonxitude:7º 10' 8,98'' W
google maps : https://www.google.es/maps/preview#!data=!1m4!1m3!1d1478!2d-7.1687462!3d43.5392003!2m1!1e3&fid=7
un saudo
Enviar um comentário