Esta
xoia da arqueoloxía corre o risco de desaparecer, de non tomárense
as medidas necesarias para a súa protección.
Burela, 04 de decembro de
2013.- O Colectivo Cultural
Buril, a asociación Cultura do País, ADEGA e Mariñapatrimonio
veñen de presentar no Servizo de Patrimonio da Xunta un escrito
denunciando o lamentable estado de degradación e abandono no que se
atopa o xacemento arqueolóxico de Castrelo, no concello de Burela.
Os hipocaustos
son sistemas de calefacción empregados polos romanos para quentaren
os balnearios e mesmo as súas mansións. O hipocausto romano de
Burela, foi atopado no ano 2004 nas proximidades do que ía ser a
nova estrada de acceso ao porto. Con motivo da escavación
arqueolóxica realizada nunha parte do xacemento, saíron á luz
varios muros e estancias dun hipocausto, así como diversos
materiais de época romana.
Transcorridos nove anos dende esta
intervención arqueolóxica, os restos arqueolóxicos atópanse nun
lamentable estado de degradación e sen ningún tipo de protección.
O sitio arqueolóxico está a sufrir o
desgaste propio das inclemencias meteorolóxicas, a vexetación
apropiouse do xacemento, os tixolos das columnas do hipocausto e
outros materiais arqueolóxicos están a ser espoliados e mesmo se
está a utilizar este ben patrimonial como entulleira para o lixo.
As asociacións arriba citadas
demándanlle á Xunta de Galiza que cumpra e que faga cumprir a lei
de Patrimonio na que se recolle que:
Tódolos
bens que integran o patrimonio cultural de Galiza gozarán
das medidas de protección
Os
propietarios,
están
obrigados a conservalos, coidalos e protexelos debidamente para
aseguraren a súa integridade
e evitaren a súa perda, destrución ou deterioración.
Os
poderes públicos garantirán a protección, a conservación
e o enriquecemento do patrimonio
cultural
de Galiza.
En Galiza acabamos de perder,
agardamos que só sexa temporalmente, a ourivería prerromana da
colección Álvaro Gil, entre a que se atopa o torques de Burela. Non
podemos permitir que outra xoia da arqueoloxía de Burela, como é o
hipocausto romano do Castrelo, desapareza para sempre por mor da
desidia dos que teñen a obriga de protexela.
Ligazón
para fotos:
http://www.flickr.com/photos/97739145@N05/sets/72157638077290784/
Sem comentários:
Enviar um comentário