Sábado 21 de decembro
ás 20h00 na Casa das Letras de Ribadeo, o escritor, investigador e divulgador
da mitoloxía popular Antonio Reigosa impartirá a conferencia “Simboloxía e
significado dos relatos míticos e lendarios asociados ao patrimonio cultural da
Mariña lucense”. Esa mesma tarde, ás 16h30 realizarase unha visita guiada
ao petroglifo podomorfo das Pisadas do Encanto nas Anzas – Ribadeo.
Sem comentários:
Enviar um comentário