Naqueles tempos as persoas que percorrían o
Camiño Real de Viveiro a Mondoñedo, agardábanse para cruzaren xuntos a
Ameixoada, porque entre os grandes penedos agochábanse salteadores de
camiños.
Nicolasa atreveuse un día a facer o camiño soa e tres bandoleiros saíronlle ao encontro. Nicolasa axiña recoñeceu dous deles que, ao decatárense de que foran descubertos, acoitelárona sen piedade. Os asasinos eran seus tíos.
Nicolasa tiña tan só 23 anos.
Estes feitos tiveron lugar en setembro de 1775 e esta humilde cruz, case esquecida nun camiño apenas transitado, lembra o tráxico final de Ana María Nicolasa.
Onte percorrimos este camiño con Gonzalo (Portela), que nos relatou esta vella historia

Sem comentários:
Enviar um comentário