Non é a primeira vez, nin a segunda, nin a... que saímos por setas e volvemos cun novo sitio arqueolóxico.
Comezas a patear monte e rematas metido no sistema defensivo dun castro. Na foto vemos a Miguel, co seu carabelo, andando polo foxo entre dous parapetos moi ben conservados.
Cando chegas á casa, buscas o xacemento e ves esta impresionante imaxe
do 56. Reparade en como o sistema defensivo aílla unha especie de
península; polo outro lados vemos un cantil cunha considerable caída.
Semella un castro costeiro, pero está terra adentro. Temos solicitado á
Xunta a súa inclusión no Inventario dende hai meses; de momento non
obtivemos ningunha resposta.
Sem comentários:
Enviar um comentário