Arredor
de vinte persoas participaron na visita guiada convocada por Mariña
Patrimonio para coñecer o patrimonio relixioso e civil de Viveiro.
Nesta ocasión, o Presidente do Seminario de Estudos Terra de Viveiro
e Cronista oficial do concello, Carlos Nuevo, acompañounos durante
toda a xornada. Boa falla fixo se consideramos o moito que hai para
ver en Viveiro.
Iniciouse
a visita na elegante igrexa de Santa María do Campo, unha verdadeira
xoia do románico, achegándonos a continuación ao outro gran templo
de Viveiro, San Francisco, coa súa espléndida ábsida gótica e o
Claustro do antigo convento franciscano.
O
percorrido polo patrimonio civil centrouse nas diversas portas da
cidade e un interesante paseo polas rúas, canellas e prazas máis
significativas, o que nos permitiu coñecer curiosidades da vida
urbana doutros tempos, así como das familias e persoeiros que
tiveron maior relevancia histórica para a cidade.
Despois
dun agradable xantar na taberna Rancho Chico de Celeiro, dedicamos a
tarde a visitar Chavín para coñecer a obra dun persoeiro
fundamental na historia contemporánea viveirense, o industrial José
Barro, protagonista da vida económica de Viveiro da primeira metade
do século XX
A
nosa admiración e gratitude a Carlos Nuevo, gran coñecedor e
divulgador da historia de Viveiro, pola seu saber e a súa
xenerosidade.
+ Fotos:https://www.flickr.com/photos/97739145@N05/albums/72157700988582151/with/30452109207/
Sem comentários:
Enviar um comentário