Mariña Patrimonio estamos organizando para o próximo sábado día 1 de abril unha visita polo patrimonio de Trabada. Está previsto visitarmos, en xornada de mañá, o marco da Pena Verde, as mámoas das Pallaregas, a Igrexa de Vilapena e o museo etnográfico de Rocha en Trabada; en xornada de tarde, a igrexa de Sante e a área recreativa de Abres..
A data límite para apuntarse remata o martes 28 de marzo. O itinerario do autobús vai ser, probablemente, desde Viveiro, pasando por Xove, Cervo, Burela, Foz, Barreiros e Trabada, debido á imposibilidade de cubrir toda a Mariña. Porén, podería ser modificado en función da procedencia das persoas participantes. En calquera caso, o prezo será de 15 € por persoa.
O xantar realizarase no mesón Camiño Norte de Trabada e terá un custo de 15 €.
As persoas non socias asumirán un custo adicional de 5 €, como vén sendo habitual.
Cómpre, por tanto, apuntarse enviando un correo electrónico a mr.patrimonio@gmail.com, indicando o número e nomes das persoas participantes, a súa procedencia, nº de teléfono de contacto, se teñen interese en facer uso do bus e se van participar no xantar.
Unha vez teñamos a lista de participantes, concretaremos o antes posible o itinerario, paradas e horario do bus así como o número de conta no que será preciso ingresar o custo da actividade. Prégase realizar a comunicación de participación o antes posible para facilitar a organización da actividade, tendo en conta que hai un límite de participantes e terán prioridade aqueles que antes o comuniquen.
Sem comentários:
Enviar um comentário