Mariña Patrimonio organiza para o
vindeiro sábado 9 de marzo unha charla sobre os xacementos
arqueolóxicos costeiros de Ribadeo, Barreiros e Foz. A charla, que
conta coa colaboración do Concello de Foz e da Vicepresidencia -
Área de Cultura da Deputación de Lugo, correrá a cargo de Manuel
Miranda, presidente da asociación Mariña Patrimonio, e terá lugar
ás 19:30h na Casa da Cultura de Foz.
No transcurso da súa
exposición, o relator fará un percorrido polos xacementos
arqueolóxicos costeiros dos citados concellos describindo as súas
características, así como o estado no que se atopan na actualidade.
Así mesmo, dará a coñecer novos xacementos costeiros descubertos
nos últimos anos nestes concellos.
A asociación Mariña
Patrimonio, na liña da súas actuacións, sostén que a divulgación
do patrimonio arqueolóxico é fundamental para a súa protección e
valorización. Neste senso, a charla busca non só informar senón
tamén concienciar sobre a importancia de preservar para as xeracións
futuras estes bens patrimoniais.
Como vén sendo habitual neste
tipo de eventos, a entrada é libre e gratuíta, aberta a todo o
público interesado no rico patrimonio arqueolóxico da nosa
contorna.
Sem comentários:
Enviar um comentário