5/29/2017
5/26/2017
ARRASAN UN DOLMEN E LEVAN UNHA DAS SÚAS LAXES PARA ADORNAR UN XARDÍN
ADEGA e Mariña Patrimonio presentamos o pasado 9 de maio unha denuncia perante o Servizo de Patrimonio Cultural, despois de termos noticia da destrución do dolmen da Casa dos Mouros de Lobeira (Budián, O Valadouro- Lugo) no transcurso duns labores forestais.
Segundo a información achegada por diferentes fontes, supostamente os responsables dos danos infrinxidos na Casa dos Mouros terían incumprido os requisitos de patrimonio para a corta e plantación dos eucaliptos no dolmen e na súa zona de protección.
Probablemente
os espoliadores aproveitaron as pas mecánicas e a maquinaria pesada,
utilizadas na realización dos labores forestais, para extraeren dous
esteos do dolmen e para trasladar un deles a un xardín situado nunha
casa no concello de Foz, onde foi localizado polo SEPRONA.
O
outro esteo deixárono abandonado á beira da mámoa porque lles
partiu cando o sacaron do túmulo.
Lamentablemente,
ademais deste espolio, o túmulo foi totalmente furado coas pas
mecánicas o que acabou provocando aínda máis danos no xacemento.
Sábese
que o dolmen da Casa dos Mouros é un xacemento sobradamente coñecido
polos veciños do lugar, pero ademais existe bibliografía sobre el
e mesmo podemos atopar información na páxina oficial do Concello de
O Valadouro, así como noutros sitios da Internet.
A
masiva destrución do patrimonio, provocada pola industria do
eucalipto, é un grave problema que a Consellería de Cultura non
quere afrontar, sexa por submisión á todopoderosa industria
forestal ou simplemente por falta de capacidade.
Dáse
a circunstancia de que hai exactamente un ano denunciamos os danos
ocasionados polos eucaliptos no outro túmulo existente na Lobeira.
A día de hoxe non temos constancia de que a Consellería de Cultura
teña actuado para esclarecer os feitos denunciados. Sexa por
incompetencia ou por submisión, a Consellería está enviando unha
mensaxe clara: a destrución do patrimonio non ten consecuencias para
quen o destrúe.
Por
último, ADEGA e Mariña Patrimonio queremos darlle os parabéns ao
Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil pola súa rápida e
eficaz actuación, xa que grazas ao seu labor localizáronse os
restos espoliados e foron identificados os posibles responsables dos
danos e do espolio da Casa dos Mouros de Lobeira.
5/21/2017
IMOS DE EXCURSIÓN A RIOTORTO, A PONTENOVA E A VILADONGA
O sábado, 27 de maio, imos de excursión, pararemos na mina de ouro romana d'A Muxueira (Riotorto) , de seguido desprazarémonos a Sanxés (A Pontenova) para andar pola ruta da Seimeira, xantaremos na Taberna de Montse, e pola tarde visitaremos o museo e o castro de Viladonga, para rematar no de Sa.
Para informarte, reservar e anotarte preme aquí.
5/13/2017
CHARLA SOBRE A TURBEIRA DE SAN MIGUEL DE REINANTE
O próximo sábado día 20 nos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante (Barreiros), Aurora Grandal falaranos sobre a turbeira da praia de Arealonga así como dos restos óseos de fauna que nos últimos anos foron aparecendo nesta turbeira.
5/08/2017
NOVA DESFEITA DA INDUSTRIA DO EUCALIPTO NO CASTRO DA RILLEIRA
O
pasado 24 de abril ADEGA e Mariña Patrimonio presentamos unha nova
denuncia por mor dos posibles danos ocasionados no xacemento
arqueolóxico do castro da Rilleira (Cabarcos- Barreiros. Lugo) tras
a realización duns traballos forestais. Unha vez máis vemos como a
industria do eucalipto actúa con total impunidade e con absoluto
desprezo polo noso patrimonio ao danar un xacemento arqueolóxico
catalogado e protexido. Unha vez máis vemos a total desconexión
entre Medio Rural, Patrimonio e a industria forestal e unha vez máis
veremos o desleixo por parte da Xunta de Galicia que, despois desta
denuncia, novamente comezará a buscar escusas para non actuar en
contra da todopoderosa industria do eucalipto.
A
destrución e os danos repítense. Hai exactamente un ano,
denunciamos a desfeita provocada pola plantación de eucaliptos
noutra parcela deste mesmo castro sen que a día de hoxe, malia o
tempo transcorrido, teñamos recibido ningunha resposta por parte da
Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta. Desta volta, os
labores forestais afectaron gravemente a croa, os foxos, o parapeto
e maila muralla pétrea, deixando á vista en toda a superficie
abundantes restos arqueolóxicos. Empregouse maquinaria pesada, deuse
apertura a unha pista que cortou o parapeto, arrincáronse as raíces
dos vellos eucaliptos e realizáronse novos furados con pá mecánica
para plantar os novos.
Para
algúns investigadores, o castro da Rilleira, situado no val de
Cabarcos, tería unha grande significación histórica, xa que sería
o lugar onde se asentaban os cibarcos,
unha tribo galaica da que nos fala o historiador romano Plinio o
Vello. Este castro conta cun impresionante sistema defensivo formado
por tres foxos picados na rocha e, probablemente, a croa contase
cunha muralla pétrea de módulos
Dende
ADEGA e Mariña Patrimonio preguntámonos cando decidirá a Dirección
Xeral de Patrimonio asumir o seu deber de protexer o noso Patrimonio
e cando comezará a actuar en contra dunha industria forestal
irresponsable que, por uns centos de eucaliptos, é capaz de destruír
un importante ben cultural.
5/07/2017
5/05/2017
MARIÑA PATRIMONIO SOLICITA A INCLUSIÓN DUN NOVO PETRÓGLIFO NO CATÁLOGO DE XACEMENTOS ARQUEOLÓXICOS.
As gravuras rupestres, localizadas por
unha veciña do concello, atópanse a tan só cincuenta metros da
casa do Concello de Cervo.
Mariña
Patrimonio vén de solicitar á Dirección Xeral de Patrimonio a
inclusión no Catálogo de Xacementos Arqueolóxicos dun petróglifo
situado no lugar de Pena da Arca, apenas a cincuenta metros do
Concello de Cervo.
O petróglifo está formado por varias
cazoletas ou coviñas (arredor de quince) e por varios sucos, dos
cales algúns rodean as coviñas formando círculos concéntricos.
Mariña Patrimonio confía en que
Patrimonio non demore a inclusión deste novo achado no Catálogo de
Xacementos, o que permitirá garantir a súa protección. Así mesmo,
esta asociación agradécelle a Pilar, a muller que descubriu as
gravuras rupestres, por terlles informado sobre a existencia deste
novo xacemento que se suma ao xa importante patrimonio arqueolóxico
do Concello de Cervo.
4/02/2017
3/27/2017
3/17/2017
COCIDO & SAUNA CASTREXA
FONSAGRADA
2017
COCIDO
& SAUNA CASTREXA
25
e 26 DE MARZO
Mariña
Patrimonio organiza para os próximos 25 e 26 de marzo unhas xornadas
en Fonsagrada arredor do patrimonio gastronómico e do patrimonio
arqueolóxico:
Sábado
25, Cocido en Casa Villar (Paradavella).
O
cocido de Obdulia é, sen dúbida, un dos mellores cocidos do mundo.
Ler
crítica gastronómica. Para poder degustalo cómpre
apuntarse antes do 23 de marzo; as prazas son limitadas e as reservas
fanse por orde de inscrición.
Domingo
26, Roteiro Sauna
Castrexa de
Castañoso .
A
ruta é de 6,5km; hai que levar o xantar e o prezo da actividade
mailo seguro é de 10€ para non socias/os e de 5€ para socias/os.
Estas dúas actividades están
abertas ao público en xeral, as prazas son limitadas e os que
queiran participar nas dúas xornadas, facendo noite na Fonsagrada,
terán que reservar hotel.
Subscrever:
Mensagens (Atom)



