No
obradoiro de bateo de ouro en Alfoz, organizado por Mariña
Patrimonio en colaboración co Concello de Alfoz e que dirixiu o
xeólogo Fran Canosa, os participantes atoparon un total de vinte
areíñas de ouro, un número considerable para este tipo de
actividade. Desta xornada, sen dúbida, destacamos a ilusión das
persoas afortunadas que atoparon unha destas areíñas de ouro
mariñán.
8/15/2018
8/12/2018
Colocan cartel de prohibido aparcar no castro de Benquerencia
O propietario da parcela do castro da
Punta de San Pedro de Benquerencia (Barreiros), que está sendo
utilizada como aparcadoiro, coloca un cartel advertindo que é
propiedade privada e que non se pode aparcar nela. Consideramos
lamentable que os responsables da protección do patrimonio e os
encargados de que se cumpra a protección patrimonial das normas
municipais non asuman as súas obrigas e continúen ausentes. Sen o
apoio e sen a implicación das Administracións,veremos se abonda co
esforzo e coa vontade do propietario da parcela para solucionar este
problema.
8/08/2018
COÑECENDO O PATRIMONIO CIVIL E RELIXIOSO DE LOURENZÁ
O
noso agradecemento ao Concello de Lourenzá e ao guía municipal,
Antón Expósito, que nos axudou a preparar as visitas, nos acompañou
e nos aportou interesante información; ao párroco D. José, que nos
permitiu e facilitou o acceso aos templos parroquiais, e á guía do
pazo polas súas explicacións e por adaptarse ao noso horario.
Un
éxito tamén a parte gastronómica na casa de comidas O
Xiraldo,
que nos deixou un grato sabor de boca.
Finalmente,
agradecemento ao noso compañeiro Antón Niñe, que propuxo esta
visita e nos acompañou aportando o seu coñecemento, así coma un
“doce” remate para esta xornada.
+FOTOS:https://www.flickr.com/photos/97739145@N05/albums/72157698337831001
+FOTOS:https://www.flickr.com/photos/97739145@N05/albums/72157698337831001
8/07/2018
ADEGA E MARIÑA PATRIMONIO DENUNCIAN O USO DUN BEN PATRIMONIAL COMO APARCADOIRO DE AUTOCARAVANAS NO CONCELLO DE BARREIROS.
ADEGA
e Mariña Patrimonio vimos de denunciar no SEPRONA a utilización do
Castro da Punta de San Pedro de Benquerencia, no concello de
Barreiros (Lugo), como aparcadoiro de autocaravanas.
Este
castro é
un ben
patrimonial incluído
no catálogo das Normas Subsidiarias de Planeamento do Concello de
Barreiros e a súa
cualificación urbanística é de solo non urbanizable de protección
patrimonial. As
Normas Subsidiarias de Planeamento do Concello de Barreiros
outórganlle ao Castro de San Pedro unha proteccion que consideramos
que non é compatible co uso que se lle está a dar actualmente como
aparcadoiro de autocaravanas nin como lugar de tránsito destes
vehiculos, posto que esta práctica pode estar provocando danos no
xacemento, un ben patrimonial protexido.
Dado
que as actividades que se están a realizar no Castro
de San Pedro probablemente son
contrarias á normativa urbanística
e, ademais, poderían estarse levando a cabo sen contar coas
correspondentes licenzas e autorizacións, solicitamos que se
comprobe se o uso que se está a dar no Castro
da Punta de San Pedro é
conforme á legalidade e que, no caso de non selo, se paralicen as
actuacións contrarias a Dereito nun
ben patrimonial incluído no catálogo de bens protexidos polo
planeamento urbanístico.
7/30/2018
BATEO DE OURO EN ALFOZ
Fronte
á idea estendida de que a nosa comarca se mantivo á marxe da
explotación aurífera que ao longo da historia galega protagonizaron
os habitantes dos castros e, sobre todo, a colonización romana nos
primeiros séculos da nosa era, sabemos hoxe da existencia dunha
importante minería e industria aurífera nos tempos antigos, da que
dan mostra os importantes restos da ourivaría castrexa e as minas
romanas descubertas e recoñecidas nos últimos tempos,
particularmente na Mariña Central e Oriental. Coa finalidade de
divulgar esta idea, a Asociación
Sociocultural Mariña Patrimonio
en
colaboración co Concello
de Alfoz,
organiza un obradoiro
de bateo de ouro,
dirixido polo xeólogo Francisco
Canosa,
recoñecido divulgador da xeoloxía galega.
6
de agosto
de
10 a 13 h:
1ª
quenda de 10 a 11 h
2ª
quenda de 11 a 12 h
3ª
quenda de 12 a 13 h
14
de agosto
de
16 a 19 h:
1ª
quenda de 16 a 17 h
2ª
quenda de 17 a 18 h
3ª
quenda de 18 a 19 h
LUGAR:
Río Ouro, ao seu paso polo concello de Alfoz. O lugar exacto así
como a quenda asignada,comunicarase aos participantes anotados con
suficiente antelación.
INSCRICIÓN:
Enviar correo a mr.patrimonio@gmail.com
indicando a data e quenda de preferencia, que se respectarán ata o
límite de prazas por quenda.
7/20/2018
PATRIMONIO CIVIL E RELIXIOSO DE LOURENZÁ
DIA: 4 DE AGOSTO
HORARIO: MAÑÁ, 10h - 14h
TARDE, 16h - 19h
Estimados/as amigos/as:
Mariña Patrimonio organiza un desprazamento a LOURENZÁ o día 4 de AGOSTO para coñecer o patrimonio civil e relixioso máis salientable da vila e dos seus vales. Contarase cun guía especializado, e vanse xestionar as visitas guiadas ós edificios relixiosos (igrexas de Sto Adrano, Sto Tomé, S. Xurxo, mosteiro de S. Salvador, así como ao pazo de Tovar (incluídas as entradas).
No caso de que haxa un número suficiente de persoas, pensamos facer o desprazamento en bus con traxecto Viveiro - Foz - Lourenzá (con paradas intermedias), opción máis recomendable xa que hai que moverse de visita a visita.
As persoas interesadas que nolo fagan saber canto antes, con data límite XOVES 26 DE XULLO, indicando nome, se é socio/a ou non, e as opcións que lle interesan, para termos tempo de contratar o bus e facer a reserva para o xantar.
Se non houbese suficiente interese, desbotaríase a opción do bus, decisión que se comunicaría o venres 27 ás persoas interesadas, ademais do importe da actividade, en función das opcións elixidas, e o número de conta de Mariña Patrimonio.
7/02/2018
RUTA POLA FRAGA DAS VIGAS
Sábado,
14 de xullo de 2018
Mariña
Patrimonio organiza un roteiro pola Fraga das Vigas, unha auténtica
xoia da biodiversidade.
O
percorrido, de dificultade media-baixa (7 km ida e volta, desnivel
100 m), transcorrerá na súa maior parte pola Fraga das Vigas
(Alfoz), na cabeceira do Río Figueiras (afluente do Masma), e
rematará na Fraga Vella (Abadín- Mondoñedo) (ver
mapa)
A
volta prevese para media tarde (cómpre levar bocadillo e bebida para
xantar en ruta). Tamén está previsto, de regreso, visitar as
igrexas d'As Oiras, O Pereiro e O Cadramón.
Para
inscribirse enviar un correo a mr.patrimonio@gmail.com
indicando: nome, DNI, idade e teléfono de contacto de cada persoa.
6/26/2018
DANADA UNHA DAS MÁMOAS DE PENA GRANDE, EN VILALBA, POR MOR DUNHA PLANTACIÓN DE EUCALIPTOS
A mámoa danada forma parte dun dos
conxuntos arqueolóxicos máis importantes de
ADEGA e Mariña Patrimonio veñen de presentar perante o Servizo de
Protección da Natureza (SEPRONA) unha denuncia por posibles danos
ocasionados na Mámoa 9 de Pena Grande en Vilalba (Lugo), por mor
dunha plantación ilegal de eucaliptos. Este ben patrimonial foi
danado como consecuencia dos profundos sucos realizados sobre a masa
tumular no transcurso dos traballos forestais. Todo parece indicar
que esta plantación afectou tamén a cámara da mámoa ao remover
parte da súa estrutura.
A
Mámoa 9 forma parte dun sitio arqueolóxico de gran valor,
conformado por dez túmulos xunto con dous abrigos paleolíticos. En
novembro de 2017 Pena Grande foi noticia ao pretender o Ministerio de
Facenda subhastar por 7.700 euros os terreos onde se atopan os
importantes vestixios arqueolóxicos. A poxa paralizouse grazas ao
labor desenvolvido por varias asociacións que defenden o patrimonio,
conscientes de que os terreos e os bens que se atopan neles serían
plantados de eucalipto, tal e como acaba de suceder coa Mámoa 9 de
Pena Grande.
ADEGA
e Mariña Patrimonio preguntámonos de que pasta
son
os responsables da Consellería de Cultura, insensibles co drama que
está a provocar a industria do eucalipto no patrimonio cultural de
Galicia.
6/17/2018
VISITA A MONDOÑEDO
Fermoso sábado nos regalou, por fin,
esta primavera, para que as trinta persoas que responderon á
convocatoria de Mariña Patrimonio puideran gozar da cidade episcopal
de Mondoñedo, que loce espléndida grazas ao meritorio esforzo
realizado polos seus orgullosos veciños e polo propio Concello para
preservar e poñer en valor, a pesar dos seus limitados recursos
económicos, o seu extensísimo patrimonio civil e relixioso.
Mariña Patrimonio quere amosar o seu
agradecemento a Claudia del Pino, excelente guía que nos adicou unha
xornada completa e nos transmitiu a súa paixón polo patrimonio
mindoniense. Agradecidos tamén ao Concello de Mondoñedo que nos
faciltou a visita; a Valentín Insua, campaneiro da catedral, que nos
ensinou a capela da VOT (Venerable Orde Terceira), da que é cofrade;
a Xoan Ramón F. Pacios que nos guiou no Centro Cultural da
Alcántara, ao Seminario de Sta. Catalina que nos permitiu visitar o
seu grandioso edificio e a súa marabillosa biblioteca, acompañados
por D. José; a Simonetta Dondi, propietaria do Pazo de Aguiar, sen
esquecer o restaurante do Centro Social que nos deixou tamén un bo
sabor de boca no aspecto gastronómico.
+FOTOS
6/05/2018
Roteiro: Patrimonio civil e relixioso de Mondoñedo
Dia:
16 de xuño
Horario: Mañá,10h
- 14h
Tarde,
16h - 20h
Mariña
Patrimonio organiza unha visita guiada a Mondoñedo o
día 16 xuño para coñecermos o patrimonio civil e
relixioso máis salientable da vila. Para esta actividade, grazas á
colaboración do Concello de Mondoñedo, contaremos cunha guía
que nos acompañará durante o percorrido,
No
caso de que haxa un número suficiente de persoas, pensamos facer o
desprazamento en bus, con traxecto Viveiro - Foz - Mondoñedo (con
paradas intermedias).
As
persoas interesadas teñen de prazo límite para apuntarse ata o luns
11, para
termos tempo de contratar o bus e de facermos a reserva do xantar. Farano a
través do correo electrónico mr.patrimonio@gmail.com,
indicando o nome, se é
socio/a ou non, e as opcións que lle interesan.
En
caso de non haber suficiente xente interesada na opción do bus,
comunicariámolo o martes 12, así como o importe da actividade para
facer o ingreso correspondente.
Subscrever:
Mensagens (Atom)







