O
que aconteceu no xacemento arqueolóxico do castro da Atalaia é
sobradamente coñecido, o que ignoramos son os resultados das diferentes
intervencións arqueolóxicas realizadas neste xacemento; por iso,
Mariñapatrimonio agradece a Marián Cueto e a Edgard Camarós,
organizadores deste interesante ciclo de conferencias, a oportunidade
que nos brindan a todos os mariñáns para comezar a coñecer os segredos
que se ocultaban baixo as areas da Atalaia.
A conferencia a cargo dos especialistas Víctor Bejega García e Esteban Álvarez Fernández, que leva por título:"De piscatores a mareantes: Evidencias arqueolóxicas de pesca e marisqueo en Punta Atalaia (San Cibrao, Cervo)", terá lugar o venres 24 de maio ás 19:00h no Museo do Mar de San Cibrao.
Dende
Mariñapatrimonio animamos a todas as persoas interesadas en coñecer o
noso pasado e a nosa historia a asistir a este acto, que nos informará
sobre aspectos relevantes da vida cotiá dos habitantes da Atalaia na
Idade do Ferro.
Sem comentários:
Enviar um comentário