XORNADAS DE
DIFUSIÓN DO PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO DA MARIÑA.
A asociación MARIÑAPATRIMONIO
organiza para os días 20 e 21 de
agosto unhas xornadas de difusión do
noso patrimonio arqueolóxico centradas nas explotacións auríferas romanas
descubertas recentemente nos concellos de Foz e Barreiros
Martes día 20 ás 20:30h no CENIMA de Foz conferencia “O
ouro antigo. Significado dos obxectos áureos prerromamos” a cargo da
especialista en orfebrería prerromana, Aurelia Balseiro
García, que disertará sobre a produción áurea na Mariña en época
prerromana, con especial referencia ao torque de Marzán.
Mércores 21 ás 17:30h, Roteiro pola mina romana de Foz e Barreiros que consta de tres partes:
1ª parte: Breve charla explicativa sobre o que veremos no
transcurso do roteiro a cargo de Manuel Miranda Ruíz, presidente de
Mariñapatrimonio, ás 17:30 no CENIMA de Foz.
2ª parte: Rematada a charla,saída dende o CENIMA de Foz en coches particulares
cara á mina do lugar da Cova (Barreiros) onde se iniciará un percorrido de 4 Km pola antiga explotación
aurífera romana.
3ª parte: Traslado en coche ata o Campo da Feira da
Espiñeira en Foz, onde se realizará un pequeno percorrido para observar as grandes canles de lavado do ouro e a
pegada desta explotación na paisaxe.
Sem comentários:
Enviar um comentário