A
Asociación Mariña Patrimonio organiza o próximo sábado 27 de
setembro un roteiro polo val do Rego da Furna, unha das fontes do
río Ouro, rodeando o Pico do Cadramón, a maior elevación da Serra
do Xistral, con 1.055 m.
O
percorrido ten unha lonxitude aproximada de 8 km en total e de
dificultade baixa. Iniciaremos o roteiro por un camiño paralelo ao
primeiro tramo que desemboca nun punto onde o val se ensancha,
constituíndo unha das escasas mostras de glaciarismo desta serra do
Xistral. O río segue un percorrido ondulante por este pequeno val
glaciar e finalmente, na cabeceira do val, conflúen nel tres
pequenos regos en forma de abano e cubertos dunha fermosa fraga.
Ao
remate deste roteiro visitaremos a pequena capela de Sta. Filomena,
que constitúe un dos máis antigos exemplos de arquitectura
relixiosa da Mariña, datada nos s. IX ou X e da que só se conserva
a súa cabeceira ou ábside.
A
actividade está aberta ao público en xeral. Para comezar,
xuntarémonos no parque de Ferreira do Valadouro ás 11:00 horas.
Desde alí desprazarémonos en coches particulares ata o punto de
partida do roteiro, que é a propia capela de Sta. Filomena. Cada
participante levará a súa comida, que coincidirá seguramente na
cabeceira do val da Furna, en plena fraga. O remate está previsto
para as 17:00 ou18:00 horas.
A
actividade será de balde para os soci@s, nen@s e desempregad@s. Para
o resto terá un custo de tres euros. Non se precisa apuntarse
previamente, basta con presentarse á hora de inicio indicada. Para
máis información pódese chamar ao teléfono 619553236 ou por mail
no enderezo mr.patrimonio@gmail.com
1 comentário:
Para localización e perfil da ruta:
http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=7516297
Enviar um comentário