de Area. Este xacemento estivo a piques de ser destruído en 1996 por Costas coas
obras do paseo marítimo; porén, a atinada actuación de Patrimonio, paralizando as
obras, evitou a súa destrución.
En 2007 Costas realiza catas e confirma a gran importancia deste sitio arqueolóxico,
no que se atopa unha vila-factoría tardorromana e, sobre esta, unha vila medieval.
En 2008 Costas anuncia un investimento de 3,2 millóns de euros para a recuperación do
xacemento. Este investimento non se chegou a materializar e durante varios anos as
catas quedaron ao descuberto, totalmente desprotexidas.
Foto do 12-12-2010 Catas ao descuberto e xacemento totalmente desprotexidos
Cando, por fin, taparon e protexeron o xacemento anos despois, fixérono colocando un
xeotéxtil e unhas pas de area. Protección, sen dúbida, insuficiente para unha zona ondebate o mar.
Foto do 22-01-2014 Xacemento insuficientemente protexido con xeotéxtil e area
En 2014 o primeiro temporal do ano acabou coa feble protección do xacemento e os
sucesivos temporais danaron gravemente Estabañón. Perdéronse varias das súasestruturas así como numeroso material arqueolóxico.
Foto do10-02-2014 A falla de protección evidénciase nos graves danos que sufriu o xacemento
Foto do 17- 03 - 2014 Costas retira as árbores
Despois dos temporais, Costas actúa retirando as árbores, que evitaran danos maiores no
xacemento, e coloca de novo xeotéxtil e mais area, aínda que desta volta soamente naúnica pía de salgar que se conserva na actualidade.
Foto 21-01-2015 Xeotéxtil e area unicamente na pía de salgar.
É evidente que Estabañón segue sen a protección que necesita e que acabará sendo
destruído polos sucesivos temporais, se antes non se pon remedio
Sem comentários:
Enviar um comentário